O Concello impulsa o programa ‘Coñece o teu Concello’ para achegar a administración local aos estudantes dos CEIPs e informalos sobre como participar na vida municipal

A iniciativa, que arrancou esta semana cun grupo de medio centos de nenos e nenas de  As Mercedes, continuará repetíndose todos os mércores con novos centros educativos de Lugo

Domingo, 27 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello impulsa o programa ‘Coñece o teu Concello’ para achegar a administración local aos estudantes dos CEIPs e informalos sobre como participar na vida municipal

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu esta semana na Casa do Concello a un grupo de medio cento de alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria do CEIP As Mercedes, no marco do programa de visitas escolares que organiza a concellaría de Educación para achegar a administración local aos máis novos.

Durante o encontro, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, os escolares puideron coñecer de primeira man como se organizan os debates municipais, cal é o papel dos concelleiros e como se toman as decisións que afectan ao día a día da cidade.

O alumnado do CEIP As Mercedes participou de forma activa formulou as súas propias preguntas e propostas directamente á alcaldesa, amosando especial interese por temas relacionados cos parques infantís, a sostibilidade e a mellora da contorna do seu colexio.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, convidoulles a pensar en propostas para a súa cidade e a facerllas chegar por carta. Candia comprometeuse a responder persoalmente a todas elas, animándoos así a participar e a expresar as súas ideas sobre o Lugo que lles gustaría ter.
 
Esta actividade forma parte do programa «Coñece o teu Concello», unha iniciativa destinada a achegar aos máis novos o funcionamento da administración municipal e a Casa Consistorial. O proxecto contempla visitas de escolares dos centros educativos de Lugo durante todas as semanas  co obxectivo de que coñezan  tanto o edificio como a actividade que se desenvolve nel, dun xeito dinámico e participativo.

 

Noticias relacionadas