O Concello avanza na mellora dos polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos

Na reunión coa directiva dos empresarios de O Ceao – As Gándaras a alcaldesa informoulles que se iniciou a contratación do aparcadoiro do Parque de Enerxías Alternativas, que se traballa nos proxectos de abastecemento e saneamento do Ceao e que están estudando novas alternativas para favorecer a conciliación.

Mércores, 08 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello avanza na mellora dos polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizosO Concello avanza na mellora dos polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto co concelleiro Antonio Ameijide, mantiveron unha reunión de traballo coa directiva dos empresarios dos polígonos de O Ceao e As Gándaras para explicar os proxecto nos que traballa o actual equipo de gobernos.
 
Durante o encontro, a alcaldesa informou do inicio da contratación do aparcadoiro que se ubicará no  Parque de Enerxías Alternativas, unha instalación que está desmantelada e para a cal hai un proxecto xa definido. O  investimento é de  400.000 € e suporá a creación de 116 prazas, con prazas con cargadores para vehículos eléctricos e tamén para persoas con  mobilidade reducida.  Esta actuación que permitirá mellorar a capacidade de estacionamento nesta contorna empresarial onde hai unha gran demanda de espazos para aparcar.
 
Así mesmo, trasladouse aos empresarios que o Concello está traballando nos proxectos de abastecemento e saneamento do Ceao, unha actuación que contará cun investimento superior aos 1,145.000 millóns de euros e que permitirá continuar mellorando as infraestruturas básicas do polígono. 
 
O Goberno municipal está a analizar posibles usos para edificios municipais situados na contorna de ambos polígonos industriais, entre eles a implantación de servizos vinculados á conciliación. Trátase dunha proposta que permitiría aproveitar espazos actualmente sen uso, sen descartar o desenvolvemento doutros proxectos que poidan dar resposta ás necesidades trasladadas polo tecido empresarial.
 
A seguridade foi outro dos asuntos centrais da reunión, unha cuestión que o Goberno municipal considera prioritaria. Así mesmo, abordouse a importancia de continuar avanzando na elaboración dun Plan de Emerxencias para os polígonos industriais, unha ferramenta clave para reforzar a coordinación e a resposta ante posibles incidencias.
 
Elena Candia destacou que o Concello manterá esta dinámica de traballo permanente co tecido empresarial para dar resposta ás súas necesidades e seguir impulsando actuacións que reforcen a competitividade dos polígonos industriais de Lugo.
 
A reunión serviu tamén para facer balance das medidas impulsadas dende a última reunión celebrada con este colectivo. Elena Candia lembrou que no anterior encontro o Concello informou aos empresarios das liñas de axudas convocadas pola Xunta de Galicia para as áreas industriais, unha iniciativa que permitiu aos polígonos acceder a 58.000 euros de financiamento, favorecendo un importante salto cualitativo na mellora destes espazos

Multimedia

  • O Concello avanza na mellora dos polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizosO Concello avanza na mellora dos polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos

Noticias relacionadas