A alcaldesa felicita a Sarai Teijeira polo seu subcampionato do mundo sub-17 de baloncesto

Luns, 27 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa felicita a Sarai Teijeira polo seu subcampionato do mundo sub-17 de baloncestoA alcaldesa felicita a Sarai Teijeira polo seu subcampionato do mundo sub-17 de baloncesto

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia López, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo Méndez, felicitou á xogadora lucense Sarai Teijeira Rodríguez polo seu subcampionato do mundo sub-17 de baloncesto, conseguido en Brno (República Checa) tras caer na final ante Estados Unidos.

Teijeira, ala-pívot de 17 anos, formada no Ensino e no Estudiantes Lugo e que milita actualmente no Valencia Basket, disputou os sete partidos do Mundial nunha actuación moi destacada.

A rexedora, xunto ao concelleiro, amosou o seu recoñecemento ao esforzo e ao talento desta nova promesa lucense, que sitúa o nome de Lugo no máis alto do baloncesto internacional.

Trátase da primeira experiencia internacional da xogadora lucense, que xa apunta a un futuro prometedor no baloncesto de máximo nivel.

Candia destacou a importancia de dar a coñecer os éxitos acadados por deportistas lucenses referentes e invitouna a contar có Concello de Lugo en todo o apoio que poida dar.

Noticias relacionadas