Elena Candia e Damián Carballo visitan as pistas de petanca de Frigsa

Mércores, 29 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia e Damián Carballo visitan as pistas de petanca de Frigsa

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, visitaron as pistas de petanca de Frigsa e as instalacións que utilizan o Club Petanca Lugo e o Club Petanca Muralla para coñecer de primeira man as súas necesidades.

Entre as peticións trasladadas polas persoas que practican este deporte figura a posibilidade de cubrir as pistas para facilitar a súa práctica durante todo o ano. Neste sentido, o Concello comprometeuse a estudar a viabilidade técnica e económica desta actuación, co obxectivo de seguir mellorando as instalacións deportivas municipais.

Multimedia

  • Elena Candia e Damián Carballo visitan as pistas de petanca de Frigsa

Noticias relacionadas