OMIC - Información ao Consumidor

A través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) o Concello de Lugo realiza diferentes funcións en materia de consumo, fundamentalmente de asesoramento ao consumidor, e de mediación entre os cidadáns e as empresas. 

Competencias básicas

  • Información, axuda e orientación aos condumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos, facilitando a comprensión e utilización da información.
  • Indicacións dos enderezos e principais funcións doutros centros públicos ou privados de interese para o consumidor e usuario.
  • Recepción, rexistro e xustificante de recepción das queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores e a súa remisión ás entidades ou organismos correspondentes.
  • Asesoramento persoal, en temas de consumo.
  • Mediacións entre o consumidor e o empresario, ofrecendo diálogo que axude na procura dunha solución satisfactoria.
  • Difusión do coñecemento dos dereitos e deberes do cunsumidor e usuario e as formas axeitadas para exercelos, a través de publicacións propias ou doutros organismos.
  • Realización de tarefas de formación e información en materia de consumo, destinadas a colectivos de poboación diferenciados (nenos, xente xoven, adultos e 3ª idade).
  • Campañas de información de temporada (Verán e Nadal).
  • Apoio ao sistema de Arbitraxe. Campañas de concienciación. Adhesións.
  • Control e vixiancia sobre exposición de prezos ao público nos mercados e mercadiños de venda ambulante.
  • Colaboración coas asociacións de consumidores.

Se precisas máis información sobre a OMIC, consulta as preguntas frecuentes

Directorio