Plan Antifraude Fondos Next Generation

O Concello de Lugo, en cumprimento do artigo 6, da Orde HFP/1030/2021, pola que se establece o Sistema de Xestión do Plan de Recuperación , Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno central, elaborou e aprobou un Plan Antifraude para a xestión dos fondos Next Generation. Deste maneira, comprométese cos estándares máis altos no cumprimento das normas xurídicas e éticas, adheríndose aos principios de integridade, obxectividade, proporcionalidade e honestidade no exercicio das súas funcións.

Os empregados públicos do Concello de Lugo comparten este compromiso, asumindo como deberes: “velar polos intereses xerais- con suxeción e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico- e actuar con arranxo aos principios de obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e ambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes”, de conformidade co artigo 52 do Real Decreto lexislativo, de 30 de outubro, Texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

Por iso, o executivo de Lara Méndez pon en marcha medidas eficaces e proporcionadas de loita contra a fraude e denunciará aquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que puidesen detectarse, a través das canles internas de notificación, en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) e con respecto ao principio de confidencialidade.

En definitiva, o Concello de Lugo adopta unha política de tolerancia cero coa fraude, establecendo un sistema de control interno deseñado para previr e detectar, no posible, calquera actuación fraudulenta e, no seu caso, emendar as súas consecuencias, asumindo para iso os principios de integridade, imparcialidade e honestidade no exercicio das súas funcións.

Con este fin, o goberno local puxo en marcha unha canle de denuncias a través da Sede Electrónica do Concello: https://denuncias.lugo.gal/

As denuncias recibidas remitiranse á Comisión Antifraude para a súa valoración e tratamento.

Canle de denuncias antifraude