Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Plan Antifraude Fondos Next Generation

Plan Antifraude Fondos Next Generation

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Novas tecnoloxías

O Concello de Lugo, en cumprimento do artigo 6, da Orde HFP/1030/2021, pola que se establece o Sistema de Xestión do Plan de Recuperación , Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno central, elaborou e aprobou un Plan Antifraude para a xestión dos fondos Next Generation. Deste maneira, comprométese cos estándares máis altos no cumprimento das normas xurídicas e éticas, adheríndose aos principios de integridade, obxectividade, proporcionalidade e honestidade no exercicio das súas funcións.

Os empregados públicos do Concello de Lugo comparten este compromiso, asumindo como deberes: “velar polos intereses xerais- con suxeción e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico- e actuar con arranxo aos principios de obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e ambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes”, de conformidade co artigo 52 do Real Decreto lexislativo, de 30 de outubro, Texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

Por iso, o executivo de Lara Méndez pon en marcha medidas eficaces e proporcionadas de loita contra a fraude e denunciará aquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que puidesen detectarse, a través das canles internas de notificación, en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) e con respecto ao principio de confidencialidade.

En definitiva, o Concello de Lugo adopta unha política de tolerancia cero coa fraude, establecendo un sistema de control interno deseñado para previr e detectar, no posible, calquera actuación fraudulenta e, no seu caso, emendar as súas consecuencias, asumindo para iso os principios de integridade, imparcialidade e honestidade no exercicio das súas funcións.

Con este fin, o goberno local puxo en marcha unha canle de denuncias a través da Sede Electrónica do Concello: https://denuncias.lugo.gal/ [1]

As denuncias recibidas remitiranse á Comisión Antifraude para a súa valoración e tratamento.

Canle de denuncias antifraude

  • Canle de denuncias: https://denuncias.lugo.gal/ [1]
  • Plan Antifraude | Descargar pdf [2]
  • [3]Decreto "Designación de Membros - Comisión Antifraude" | Descargar pdf [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/plan-antifraude-fondos-next-generation

Ligazóns:
[1] https://denuncias.lugo.gal/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/acordo_xgl_do_09-02-22_de_aprobacion_plan_antifraude_1.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/decreto_no_6694_funcionamento_tramitacion_denuncias._asdo.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/decreto_designacion_membros_comision_antifraude_asinado_gal.pdf