Oficina de Participación Cidadá

A Oficina de Participación Cidadá desenvolve as súas competencias en tres eidos fundamentais: a atención e información á cidadanía, a participacion cidadá, e o voluntariado.

Atención ao público Luns a venres, de 9:30 a 13:30

Información e atención á cidadanía

  • Trámites e procedementos dos distintos servicios de competencia do Concello de Lugo e de servicios que se presta ós cidadás.
  • Ofertas de emprego público, oposicións e concursos do Concello.
  • Normas, acordos e proxectos municipais.
  • Impresos, información xeral, taboleiro de anuncios, avisos de avaría e traslado ós servicios correspondentes.

Participación cidadá

  • Tramitación de peticións.
  • Autorización de uso de locais.
  • Autorización de uso permanente de locais.
  • Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Apoio e asesoramento ás asociacións.
  • Tramitación de subvencións ás asociacións para mantemento e actividades de asociacións veciñais.
  • Consello das Entidades Veciñais.

Voluntariado

  • Programación e promoción da coordenación das actuacións en materia de voluntario no territorio municipal.
  • Información, formación e asistencia técnica debida ás entidades de acción voluntaria para o desenvolvemento das súas actividades, que contemplen a participación de voluntarios, concretando tarefas, perfiles, duración, etc.

Directorio