- Tema
A cidade de Lugo conta cun Cemiterio municipal emblemático que data do ano 1948 aproximadamente, fiel depositario da memoria histórica da cidade.
Con independencia da súa singularidade e beleza harmoniosa, conta cunha interesante bagaxe de construcións funerarias que foron trasladadas desde o antigo cemiterio municipal da cidade, situado na avenida de Ramón Ferreiro, o cal lle confire o seu valor artístico e histórico.
Actualmente o Cemiterio adquiriu unha grande sona tanto polas actividades que se foron realizando no recinto dentro da programación anual, orientadas á súa consideración como un lugar de repouso, de paz e de reencontro persoal, como pola súa proxeción europea, ao estar integrado na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos.
O noso Cemiterio
Extensión 108.000 m2
Unidades de enterramento en concesión 14.000 aproximadamente
Situación 4,2 km do centro amurallado
Horario do Cemiterio de San Froilán:
- De luns a sábado: de 9:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 19:00 h.
- Domingos e festivos: de 9:30 h a 14:30 h.
![]() |
![]() |
![]() |
Concesións
Tipos de concesión, dereitos e obrigas dos concesionarios, cambio de titularidade, renovación e caducidade das concesións | Descargar pdf