Preguntas frecuentes sobre a OMIC

Respostas ás túas dúbidas en relación á Oficina Municipal de Información ao Consumidor. Que é a OMIC, que servizos presta, onde se atopa, como contacta ou quen pode beneficiarse dos seus servizos. 

Que é a OMIC?

O Concello, consciente de que o consumo é un dos feitos máis habituais na nosa vida, considera importante que a cidadanía coñeza os sues dereitos e obrigas nas relacións de consumo. Tamén é importante que os veciños e veciñas realicen un consumo racional e responsable. 

Por iso, o Concello de Lugo pon á disposición dos consumidores a OMIC. É a oficina que ten a administración local e que ofrece o servizo de información, axuda e asesoramento aos consumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo.

Que fai a OMIC?
  • Recolle, rexistra e da xustificante de recepción das queixas e reclamacións dos consumidores e usuarios e a súa remisión ás entidades ou organismos correspondentes.
  • Realiza tarefas de educación e formación en materia de consumo, campañas divulgativas de interese para a formación e a defensa do consumidor.
  • Apoia ao Arbitraxe de Consumo.
  • Orienta aos consumidores e consumidoras sobre os enderezos e principais funcións doutros centros públicos ou privados, de interese para os consumidores e usuarios.
Que asuntos trata?

Practicamente, todos os relacionados co ámbito do consumo, que poden estruturarse nos seguintes sectores:

  • Bens, como automóbiles, electrodomésticos ou roupa, por exemplo.
  • Subministracións, como auga, gas, electricidade e teléfono, entre outros
  • Servizos, como os que prestan as axencias de viaxe, os bares e os restaurantes ou as empresas de transportes.
Quen pode acudir á OMIC?

Todos os consumidores e usuarios; é dicir, as persoas físicas ou xurídicas que compren ou utilicen como destinatarios finais, bens, produtos, servizos, actividades ou funcións, calquera que sexa a natureza pública ou privada, individual ou colectiva de quen os produce, facilita, subministra ou expide.

Como contactar coa OMIC?

Podes contactar por teléfono ou fax, entre as 8:30 e as 14:30
Teléfonos 010 e 982297273
Fax 982 297273

Cal é o horario de atención ao público?

A OMIC atende entre as 8:30 e as 14:30

Onde se atopa a OMIC?

No Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario de atención Luns a venres, de 8:30 a 14:30