![]() |
![]() |
"UNA MANERA DE HACER EUROPA"
QUE É A ESTRATEXIA MURAMIÑAE, DA MURALLA AO MIÑO?
A estratexia Muramiñae, da Muralla ao Miño é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, dedicado á posta en marcha de proxectos que favorezan un desenvolvemento urbano sostible.
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas concedeu ao Concello de Lugo esta estratexia, enmarcada dentro da convocatoria de fondos europeos de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, o 3 de outubro de 2016, cun prazo de execución de 4 anos, e cun financiamento do 80% da Unión Europea (10 millóns de euros) e 20% do Concello (2,5 millóns de euros); cuxa finalidade é integrar o Miño na cidade a través da zona do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible máis integradora e máis moderna.
LIÑAS ESTRATÉXICAS DO MURAMIÑAE
Co obxectivo de unir a cidade e o río a través da zona do Carmen, eliminar a descontinuidade urbana que existe entre a Porta Miñá e o Miño, aproveitando ademais que discorre o Camiño de Santiago, e integrar o entorno fluvial na cidade, Muramiñae inclúe unha serie de actuacións que poden agruparse nas seguintes 7 liñas estratéxicas:
1.- Revitalización da zona do Carmen con accións de humanización e ordenación urbanística.
2.- Posta en valor do patrimonio:
- Acondicionamento da traza do Camiño de Santiago
- Estudo arqueolóxico da zona e creación de novas ventás arqueolóxicas, elaboración de material didáctico, e posta en valor dos restos arqueolóxicos das Termas Romanas
3.- Creación de novas conexións a pé, en bicicleta e rodadas entre a trama urbana e o río para favorecer a mobilidade e o acceso a zonas de esparexemento e deportivas situadas no entorno do Miño, como o estadio de fútbol Anxo Carro, o Pazo de Feiras e Congresos ou o Club Fluvial.
Entre outras medidas, inclúense:
- Crear un acceso rodado á altura da Volta da Viña que conecte directamente coa N-VI en sentido A Coruña, evitando así o rodeo que os condutores teñen que facer na actualidade. Isto mellorará a seguridade de vehículos e peóns e permitirá peonalizar a Calzada da Ponte, actuación tamén contemplada neste proxecto.
- Construír unha pasarela sobre a estrada nacional e ampliar o paso subterráneo
- Acondicionar un acceso que permita chegar a pé á zona fluvial, o que contribuirá a diminuír o tráfico rodado e humanizar a cidade
- Potenciar o uso do transporte público coa ampliación e a modernización da rede de transporte; desenvolver un plan de mobilidade en bicicleta, e a intermodalidade entre o transporte público e a bicicleta
4.- Impulso do entorno fluvial con novas actividades e dotacións culturais, así como accións de protección da ribeira e rexeneración de espazos. Entre outras medidas, proponse a creación dun parque temático da cultura castrexo romana no entorno fluvial que recree esta época e que acolla actividades divulgativas, con aportacións das asociacións culturais da cidade vinculadas ao Arde Lucus.
5.- Estimular a creación de emprego e a inserción sociolaboral, e apoiar o emprendemento a través de iniciativas relacionadas coa revalorización dos recursos naturais e patrimoniais.
6.- Potenciar o uso das novas tecnoloxías para ampliar os servizos públicos prestados aos cidadáns e poder facelo con máis eficacia e eficiencia, mellorar a transparencia, e impulsar a participación cidadá e a estratexia de Goberno Aberto.
Entre outras actuacións, inclúese:
- Modernizar a Administración Electrónica
- Ampliar os servizos dispoñibles da Tarxeta Cidadá para atraer novos usuarios e mesmo crear unha App cos servizos e virtualizar a tarxeta
- Desenvolver unha plataforma con navegador xeográfico –XIS- para a xestión intelixente das infraestruturas locais e o mobiliario urbano
- Crear unha plataforma de participación cidadá, unha aplicación que permita xestionar as súas solicitudes e iniciativas, e un sistema que permita realizar notificacións masivas aos veciños en función dos seus intereses
7.- Medidas de aforro enerxético e medioambientais:
- Instalación de dispositivos de aforro enerxético
- Sistemas de xestión que permitirán o control punto a punto da rede de alumeado para conseguir un consumo eficiente
- Renovación do equipamento
- Implementación dun sistema de toma de datos e análise que axude a identificar accións para optimizar o consumo
- Fomento da reciclaxe orgánica
DELIMITACIÓN ZONA MURAMIÑAE
+ info
- Estratexia Muramiñae | Descargar pdf
- Publicación Europa e o Concello invisten na cidadanía | Descargar pdf
- Vídeo promocional Muramiñae | Descargar vídeo
Outra documentación de interese
- ORDEN BASES PRIMERA CONVOCATORIA BOE-A-2015-12423 | Descargar pdf
- REGLAMENTO 1301-13 | Descargar pdf
- REGLAMENTO 1303-2013 | Descargar pdf
- RESOLUCION AXUDAS PRIMEIRA CONVOCATORIA BOE-A-2016-9052 | Descargar pdf
- RESOLUCION DEFINITIVA AXUDAS PRIMEIRA CONVOCATORIA BOE-A-2016-11863 | Descargar pdf
Novas relacionadas
- O Concello implica aos lucenses na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade
- Segue aberta á participación cidadá a elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade
- O Concello optará a novos fondos europeos para o desenvolvemento da cidade
- O Concello pide fondos á UE para desenvolver un proxecto de 18,7M€ que integre o Miño na cidade a través da zona do Carmen
- A Alcaldesa presenta ao Consello Económico e Social o proxecto Muramiñae, co que o Concello opta a novos fondos europeos
- O Concello consegue 10 millóns de euros de fondos europeos para integrar o Miño na cidade a través do Carme
- O Goberno perfila os eixos para o desenvolvemento do Muramiñae, Da Muralla ao Miño
- Lugo, un dos primeiros concellos de España en arrancar o DUSI ao licitar a redacción de 5 proxectos de obra
- O BOP publica hoxe a licitación do contrato para a redacción dos 5 primeiros proxectos de obra do EDUSI
- Dez empresas presentaron propostas para a redacción dos 5 primeiros proxectos do EDUSI
- A Alcaldesa dá conta dos avances do EDUSI á Corporación
- O Concello adxudica a redacción do proxecto para crear 16 quilómetros de carril bici entre a cidade e o Miño
- O Goberno adxudica a redacción do proxecto de reforma da Volta da Viña e da creación da pasarela peonil do Anxo Carro, enmarcados na estratexia EDUSI
- A Alcaldesa avanza os deseños das 5 primeiras obras do Muramiñae, que proxecta “o Lugo do futuro”
- A Alcaldesa presenta o deseño da pasarela peonil ao Miño, que terá un orzamento de máis de 880.000€