Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Muramiñae: Da Muralla ao Miño - Estratexia EDUSI

Muramiñae: Da Muralla ao Miño - Estratexia EDUSI

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía

"UNA MANERA DE HACER EUROPA"

QUE É A ESTRATEXIA MURAMIÑAE, DA MURALLA AO MIÑO? 

A estratexia Muramiñae, da Muralla ao Miño é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión  Europea, dedicado á posta en marcha de proxectos que favorezan un desenvolvemento urbano sostible.

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas concedeu ao Concello de Lugo esta estratexia, enmarcada dentro da convocatoria de fondos europeos de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, o 3 de outubro de 2016, cun prazo de execución de 4 anos, e cun financiamento do 80% da Unión Europea (10 millóns de euros) e 20% do Concello (2,5 millóns de euros); cuxa finalidade é integrar o Miño na cidade a través da zona do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible máis integradora e máis moderna.

LIÑAS ESTRATÉXICAS DO MURAMIÑAE

Co obxectivo de unir a cidade e o río a través da zona do Carmen, eliminar a descontinuidade urbana que existe entre a Porta Miñá e o Miño, aproveitando ademais que discorre o Camiño de Santiago, e integrar o entorno fluvial na cidade, Muramiñae inclúe unha serie de actuacións que poden agruparse nas seguintes 7 liñas estratéxicas:

1.- Revitalización da zona do Carmen con accións de humanización e ordenación urbanística.

2.- Posta en valor do patrimonio:

  • Acondicionamento da traza do Camiño de Santiago
  • Estudo arqueolóxico da zona e creación de novas ventás arqueolóxicas, elaboración de material didáctico, e posta en valor dos restos arqueolóxicos das Termas Romanas

3.- Creación de novas conexións a pé, en bicicleta e rodadas entre a trama urbana e o río para favorecer a mobilidade e o acceso a zonas de esparexemento e deportivas situadas no entorno do Miño, como o estadio de fútbol Anxo Carro, o Pazo de Feiras e Congresos ou o Club Fluvial.

Entre outras medidas, inclúense:

  • Crear un acceso rodado á altura da Volta da Viña que conecte directamente coa N-VI en sentido A Coruña, evitando así o rodeo que os condutores teñen que facer na actualidade. Isto mellorará a seguridade de vehículos e peóns e permitirá peonalizar a Calzada da Ponte, actuación tamén contemplada neste proxecto.
  • Construír unha pasarela sobre a estrada nacional e ampliar o paso subterráneo
  • Acondicionar un acceso que permita chegar a pé á zona fluvial, o que contribuirá a diminuír o tráfico rodado e humanizar a cidade
  • Potenciar o uso do transporte público coa ampliación e a modernización da rede de transporte; desenvolver un plan de mobilidade en bicicleta, e a intermodalidade entre o transporte público e a bicicleta

4.- Impulso do entorno fluvial con novas actividades e dotacións culturais, así como accións de protección da ribeira e rexeneración de espazos. Entre outras medidas, proponse a creación dun parque temático da cultura castrexo romana no entorno fluvial que recree esta época e que acolla actividades divulgativas, con aportacións das asociacións culturais da cidade vinculadas ao Arde Lucus.

5.- Estimular a creación de emprego e a inserción sociolaboral, e apoiar o emprendemento a través de iniciativas relacionadas coa revalorización dos recursos naturais e patrimoniais.

6.- Potenciar o uso das novas tecnoloxías para ampliar os servizos públicos prestados aos cidadáns e poder facelo con máis eficacia e eficiencia, mellorar a transparencia, e impulsar a participación cidadá e a estratexia de Goberno Aberto.
Entre outras actuacións, inclúese:

  • Modernizar a Administración Electrónica
  • Ampliar os servizos dispoñibles da Tarxeta Cidadá para atraer novos usuarios e mesmo crear unha App cos servizos e virtualizar a tarxeta
  • Desenvolver unha plataforma con navegador xeográfico –XIS- para a xestión intelixente das infraestruturas locais e o mobiliario urbano
  • Crear unha plataforma de participación cidadá, unha aplicación que permita xestionar as súas solicitudes e iniciativas, e un sistema que permita realizar notificacións masivas aos veciños en función dos seus intereses

7.- Medidas de aforro enerxético e medioambientais:

  • Instalación de dispositivos de aforro enerxético
  • Sistemas de xestión que permitirán o control punto a punto da rede de alumeado para conseguir un consumo eficiente
  • Renovación do equipamento
  • Implementación dun sistema de toma de datos e análise que axude a identificar accións para optimizar o consumo
  • Fomento da reciclaxe orgánica

DELIMITACIÓN ZONA MURAMIÑAE

DELIMITACIÓN ZONA MURAMIÑAE

DELIMITACIÓN ZONA MURAMIÑAE

+ info

  • Estratexia Muramiñae | Descargar pdf [1]
  • Publicación Europa e o Concello invisten na cidadanía | Descargar pdf [2]
  • Vídeo promocional Muramiñae | Descargar vídeo [3]

Outra documentación de interese

  • ORDEN BASES PRIMERA CONVOCATORIA BOE-A-2015-12423 | Descargar pdf [4]
  • REGLAMENTO 1301-13 | Descargar pdf [5]
  • REGLAMENTO 1303-2013 | Descargar pdf [6]
  • RESOLUCION AXUDAS PRIMEIRA CONVOCATORIA BOE-A-2016-9052 | Descargar pdf [7]
  • RESOLUCION DEFINITIVA  AXUDAS PRIMEIRA CONVOCATORIA BOE-A-2016-11863 | Descargar pdf [8]

Novas relacionadas

  • O Concello implica aos lucenses na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade [9]
  • Segue aberta á participación cidadá a elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade [10]
  • O Concello optará a novos fondos europeos para o desenvolvemento da cidade [11]
  • O Concello pide fondos á UE para desenvolver un proxecto de 18,7M€ que integre o Miño na cidade a través da zona do Carmen [12]
  • A Alcaldesa presenta ao Consello Económico e Social o proxecto Muramiñae, co que o Concello opta a novos fondos europeos [13]
  • O Concello consegue 10 millóns de euros de fondos europeos para integrar o Miño na cidade a través do Carme [14]
  • O Goberno perfila os eixos para o desenvolvemento do Muramiñae, Da Muralla ao Miño [15]
  • Lugo, un dos primeiros concellos de España en arrancar o DUSI ao licitar a redacción de 5 proxectos de obra [16]
  • O BOP publica hoxe a licitación do contrato para a redacción dos 5 primeiros proxectos de obra do EDUSI [17]
  • Dez empresas presentaron propostas para a redacción dos 5 primeiros proxectos do EDUSI [18]
  • A Alcaldesa dá conta dos avances do EDUSI á Corporación [19]
  • O Concello adxudica a redacción do proxecto para crear 16 quilómetros de carril bici entre a cidade e o Miño [20]
  • O Goberno adxudica a redacción do proxecto de reforma da Volta da Viña e da creación da pasarela peonil do Anxo Carro, enmarcados na estratexia EDUSI [21]
  • A Alcaldesa avanza os deseños das 5 primeiras obras do Muramiñae, que proxecta “o Lugo do futuro” [22]
  • A Alcaldesa presenta o deseño da pasarela peonil ao Miño, que terá un orzamento de máis de 880.000€ [23]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/muraminae-da-muralla-ao-mino-estratexia-edusi

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/dusi_lugo_def_.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/europa_e_o_concello_de_lugo.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/muraminae-esp-2_1.mp4
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/orden_bases_primera_convocatoria_boe-a-2015-12423.pdf
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/reglamento_1301-13.pdf
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/reglamento_1303-2013.pdf
[7] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/resolucion_ayudas_primera_convocatoria_boe-a-2016-9052.pdf
[8] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/resolucion_definitiva_ayudas_primera_convocatoria_boe-a-2016-11863.pdf
[9] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-implica-aos-lucenses-na-elaboracion-dunha-candidatura-para-conseguir-novos-fondos
[10] https://concellodelugo.gal/gl/novas/segue-aberta-participacion-cidada-elaboracion-dunha-candidatura-para-conseguir-novos-fondos
[11] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-optara-novos-fondos-europeos-para-o-desenvolvemento-da-cidade
[12] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pide-fondos-ue-para-desenvolver-un-proxecto-de-187meu-que-integre-o-mino-na-cidade
[13] https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-presenta-ao-consello-economico-e-social-o-proxecto-muraminae-co-que-o-concello-opta
[14] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-consigue-10-millons-de-euros-de-fondos-europeos-para-integrar-o-mino-na-cidade
[15] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-perfila-os-eixos-para-o-desenvolvemento-do-muraminae-da-muralla-ao-mino
[16] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-un-dos-primeiros-concellos-de-espana-en-arrancar-o-dusi-ao-licitar-redaccion-de-5
[17] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-bop-publica-hoxe-licitacion-do-contrato-para-redaccion-dos-5-primeiros-proxectos-de-obra-do
[18] https://concellodelugo.gal/gl/novas/dez-empresas-presentaron-propostas-para-redaccion-dos-5-primeiros-proxectos-do-edusi
[19] https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-da-conta-dos-avances-do-edusi-corporacion
[20] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-adxudica-redaccion-do-proxecto-para-crear-16-quilometros-de-carril-bici-entre
[21] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-reforma-da-volta-da-vina-e-da-creacion-da-pasarela
[22] https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-avanza-os-desenos-das-5-primeiras-obras-do-muraminae-que-proxecta-o-lugo-do-futuro
[23] https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-presenta-o-deseno-da-pasarela-peonil-ao-mino-que-tera-un-orzamento-de-mais-de