Plan de emprego (con)trato feito!

Plan de emprego (con)trato feito!

Dende o Concello de Lugo apostamos polo máis importante que temos, as persoas, e neste caso queremos estar a carón dos nosos 6.926 veciños que sofren a lacra do desemprego. Non lles daremos nunca as costas, porque queremos que a nosa cidade siga avanzando e que ninguén se quede atrás.

Por iso impulsamos (con)trato feito!, que é o primeiro plan de emprego cen por cen municipal do Concello de Lugo. Este plan está dotado con máis dun millón de euros, que están destinados a facilitar a creación de emprego e a consolidación das empresas da nosa cidade.

Trátase de actuacións prioritarias e eficaces de políticas que favorezan o emprego, como é o estímulo á creación de empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e á creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas do noso municipio.

Deste xeito, dende o teu Concello concederemos unha liña de axudas para contratar a veciños e veciñas do noso municipio que se atopen en situación de desemprego e coas que tamén queremos atraer outros proxectos para fortalecer o noso tecido industrial.

Se estás desempregada/o, tes unha PEME, unha asociación ou es autónomo en Lugo infórmate na web www.lugo.gal ou no teléfono do Concello 010.

O prazo de presentación de solicitudes é do 24 de setembro ao 13 de outubro de 2016 (ámbolos dous incluídos).

O teu futuro está en Lugo!