Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Plan de emprego (con)trato feito!

Plan de emprego (con)trato feito!

  • Tema
    • Emprego
Plan de emprego (con)trato feito!

Dende o Concello de Lugo apostamos polo máis importante que temos, as persoas, e neste caso queremos estar a carón dos nosos 6.926 veciños que sofren a lacra do desemprego. Non lles daremos nunca as costas, porque queremos que a nosa cidade siga avanzando e que ninguén se quede atrás.

Por iso impulsamos (con)trato feito!, que é o primeiro plan de emprego cen por cen municipal do Concello de Lugo. Este plan está dotado con máis dun millón de euros, que están destinados a facilitar a creación de emprego e a consolidación das empresas da nosa cidade.

Trátase de actuacións prioritarias e eficaces de políticas que favorezan o emprego, como é o estímulo á creación de empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e á creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas do noso municipio.

Deste xeito, dende o teu Concello concederemos unha liña de axudas para contratar a veciños e veciñas do noso municipio que se atopen en situación de desemprego e coas que tamén queremos atraer outros proxectos para fortalecer o noso tecido industrial.

Se estás desempregada/o, tes unha PEME, unha asociación ou es autónomo en Lugo infórmate na web www.lugo.gal [1] ou no teléfono do Concello 010.

O prazo de presentación de solicitudes é do 24 de setembro ao 13 de outubro de 2016 (ámbolos dous incluídos).

O teu futuro está en Lugo!

+ info

Plan de emprego (Con)trato feito!
1.92 MB
Información do Plan de emprego (Con)trato feito!
263.79 KB
Bases do Plan de emprego (Con)trato feito!
111.65 KB
BOP - Extracto das Bases, convocatoria e prazos de presentación
144.94 KB
Solicitude de Axuda (Anexo I)
221.29 KB
Solicitude de Xustificación da Axuda (Anexo II)
119.95 KB
Liña A - Documentación a subsanar
106.44 KB
Liña B - Documentación a subsanar
37.17 KB
Modificación do prazo de resolución
60.67 KB
Nota aclaratoria: Requisitos de traballadores e entidades beneficiarias
349.5 KB
Decreto de nomeamento Comisión de Valoración
596.08 KB
Decreto - resolución das axudas
575.62 KB
Liña A: empresas beneficiarias
383.68 KB
Liña A: empresas desestimadas
69.37 KB
Liña A: empresas que non acadaron puntuación suficiente para ser beneficiarias
491.77 KB
Liña B: entidades sen ánimo de lucro beneficiarias
395.95 KB
Liña B: entidades sen ánimo de lucro desestimadas
85.35 KB
Liña B: entidades sen ánimo de lucro que non acadaron puntuación suficiente para ser beneficiarias
62.16 KB
Instrucións dirixidas ás beneficiarias
42.43 KB
Convocatoria charla informativa
336.37 KB
Liña B: pago de anticipos

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/plan-de-emprego-contrato-feito

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal