Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2019

A UNESCO aprobou no ano 2005 a celebración do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, como mecanismo para concienciar o público sobre a necesidade de tomar medidas urxentes e recoñecer a importancia deste tipo de documentos audiovisuais —tales como as películas, os programas de radio e televisión, e as gravacións de son e vídeo— son patrimonio de todos e conteñen información chave dos séculos XX e XXI, que forma parte da nosa historia e identidade cultural.

No 2019 o Arquivo Municipal, dependente da Concellería de Participación e Servizos para á Veciñanza, aínda que non custodia, na actualidade, documentos audiovisuais , propiamente  ditos, quere poñer de relevo  a importancia da conservación desta clase de documentos de arquivo, mostrando unha selección de documentos visuais, “parentes cercanos” e antecesores dos anteriores cunha selección de fotografias, pertencentes a colección Delgado Guisasola,mercada polo Padroado de Cultura deste Concello, no ano 1990, e custodiada neste arquivo dende 1997/1998 , dixitalizada no ano 2008 ,permitindo así  a súa difusión dunha maneira moito máis accesible a tódolos os cidadáns e cidadanas de Lugo,máis o resto de persoas interesadas no noso patrimonio documental e na nosa historia.

Nós queremos salientar o valor como fonte da historia contémporanea dos documentos audiovisuais en xeral e a desta Colección,  que danos un retrato da cidade, dos persoeiros e dos seus habitantes nas décadas de 1930-1950.

O que van veres nesta pequena mostra e un resumo dos distintos tipos de  retratos que forman parte da mencionada Colección Delgado Guisasola, nela atopámos retratos costumbristas, dos coñecidos como retratos de “tipos”, dos masculinos, femininos, familiares, e os dos nenos lucenses daqueles días, dos ano 40 do pasado século.

Nesta colección aparécenos toda clase retratos, escollimos os que siguen polo noso gusto persoal , xa que hai unha maior cantidade de retrato/fotografia, da que poderíamos expoñer nunha mostra deste tipo.

Así temos os maravillosos retratos coñecidos como de “tipos”.


Retratos infantís, tanto de estudio como do churumbel recén nacido que se quería ensinar a tódolos amigos e familia así como retratos máis caseiros que amosan a vida diaria dos máis cativos da casa.

Non podían faltar os retratos familiares/matrimoniais, coas mellores galas no paseo dominical ou antes de acudir a un baile do Círculo das Artes ou do Casino.

As mulleres sempre son obxecto de admiración estética naquela época, pero tamén forman parte dun sentimento familiar inherente a calqueira persona con nai, irmá, etc... asi atopamos as fotografías de estudio para lucir, ou para recordar o evento ao que asiste a xovenciña de turno, e as de amantísima nai, en contrapunto cos das mulleres rurais no seu entorno e nas tarefas que lle son “propias” daquela. Todas éstas conforman o chamado retrato feminino.


Os homes non iban a ser menos, e tamen teñen o seu afán de se retratados para o recordo ou a admiración, ben dunha forma sobria ou facendo actividades claramente masculinas e por qué non, lucindo tipo nun retrato masculino.

Por último temos os retratos costumbristas, tanto de homes como de mulleres ou de familias , son fotografías sacadas nun momento determinada co obxecto , non tanto de retratar a persoa , que tamén , senon máis ben o labor que esta a facer ou a costume de traballo do campo non habitual na cidade , as feiras ou a vestimenta tradicional e antiga ao mesmo tempo.

A arquiveira e concelleira de Participación e Servizos para á Veciñanza, deséxanlles que disfruten desta mostra.

Multimedia