Inspección Técnica de Edificios (ITE)

O Servizo de Urbanismo - Inspección Técnica de Edificios (ITE) ten como misión fundamental a verificación do cumprimento de todas as obrigas e determinacións contidas na Ordenanza sobre conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificacións, no que se refire á ITE.

Entre as súas funcións principais estarían as seguintes:

  • O control, supervisión e tramitación das Actas de ITE que se presenten.
  • A validación de ditas actas incluíndo no “Rexistro de Inspección Técnica da Edificación" a data de presentación e o contido das fichas técnicas e de cada informe.
  • A supervisión dos incumprimentos de presentación do informe en prazo.
  • O requirimento previo e, no seu caso, a tramitación dos expedientes sancionadores por incumprimento da presentación do informe en prazo.
  • A acción subsidiaria para realizar os informes de ITE de oficio a custa dos obrigados.
  • A resolución de subvencións que se soliciten ó efecto do cumprimento da ITE.