Axenda 21

Dende o Concello de Lugo consideramos a Axenda 21 Local unha ferramenta imprescindible para conquerir unha mellora da calidade de vida, polo que debe ser un documento presente na implementación de todas as políticas que se leven a cabo no Concello.

No marco do Eixo Atlántico, elaborouse no ano 2008 a Axenda 21 Local de Lugo coa intención de construír un programa de acción conxunto para o desenvolvemento do territorio municipal e a mellora de calidade de vida dos seus habitantes desde o paradigma da sostibilidade. Esta sostibilidade baséase na idea de que todas as persoas e institucións, na súa medida, son responsables na creación dun municipio máis desenvolvido, ecolóxico, socialmente integrado e con mellor calidade de vida; e que todos e todas deben cooperar na súa realización.

No programa de actuación da Axenda 21 Local de Lugo, propúñanse unha serie de actuacións concretas centradas nas oportunidades e valores sociais no noso concello. Agora é o momento de avaliar o grao de cumprimento dese plano de acción para actualizalo e planificar as novas actuacións dos vindeiros anos.

O obxectivo é lograr unha cidade máis habitable na que sexa máis cómodo vivir a través dun proceso de humanización das rúas, prazas e demais espazos do noso Concello. Este obxectivo vén enmarcado dentro do acordo de goberno que desenvolve un programa centrado na optimización dos recursos, no camiño de mellorar a prestación dos servizos e o recorte do gasto.