Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2014

Na súa 33ª reunión, a Conferencia Xeral da UNESCO aprobou a Resolución 33 C/53 proclamando o día 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual para conmemorar a aprobación na súa 21ª reunión (1980) da Recomendación sobre a Salvaguardia e Conservación das imaxes en movemento. Esta recomendación contribuíu a tomar conciencia da importancia do patrimonio audiovisual e a súa necesidade de preservación, unha tarefa urxente, xa que constitúe unha fonte esencial de información a través de imaxes e sons que, lamentablemente, se conservan en soportes extremadamente fráxiles.

Patrimonio AV

O Arquivo Municipal de Lugo , nestes intres non ten propiamente pezas audiovisuais, agás a película feita , sobre o Arde Lucus, dirixida por Brais Revaldería, na que se inclúen moitas fotografías da Colección Delgado Guisasola , propiedade do Concello de Lugo, e un “maping” feito para as festas do S. Froilán de 2014. Calquera das dúas non llas podermos ofrecer , ao non ter aínda unha copia á nosa disposición

Asemesmo no depósito do arquivo desta cidade, producido polo Concello, consérvanse cintas de audio das Sesións de Plenos Municipais, máis antigas, así como o Servizo de Informática custodia a gravación dos Plenos que se poden ver na web, habitualmente

Aínda así o persoal do Arquivo Municipal, quere chamar a atención sobre o fondo fotográfico custodiado no Arquivo Municipal , ao contar , estes documentos cunha das características : son documentos visuais.

Neste ano quixemos poñer en valor o retrato fotográfico, coa axuda dos que pertencen a Colección Delgado Guisasola.

Pese a que non é o noso propósito o facer unha historia do retrato fotográfico, queremos dar unha pinceladas sobre a mesma.

Patrimonio AV

Xa o atopamos nos inicios da fotografía ,ben feita polos fotógrafos ambulantes, comerciais o de estudo , así como a coñecida como fotografía academicista. Todo evoluciona e có tempo xurdirán distintas correntes dentro desta especialidade.

Na cidade de Lugo houbo distintos estudos fotográficos a lo longo do tempo, o máis destacado pola súa obra foi, a finais do século XIX o de Maximino Reboredo, O Arquivo Municipal utilizou fotografías deste artista en algunhas exposicións , grazas ao préstamo delas, feito pola familia Reboredo. Tanto Castro Freire , coñecido boticario lucense ,como Valentin Regal , y Constantino Rodriguez tiñan sendos “ateliers” , tamén así coñecidos neses anos moi influenciados pola tradición francesa.

Na devandita Colección consérvanse retratos de nenos , mulleres, homes e grupos varios, moi valiosos esteticamente, como memoria individual e tamén como fonte para historia así podemos faceres un percorrido pola historia da vestimenta dende o século XIX ata os anos 50, datas limites deste cons xunto, por poñer un exemplo, ou as relacións familiares e costumes.

A parte dos estudos os escenarios máis habituais tomados polos “obxectivos” serán a o paseo pola rúa da Raiña, O Cantón e a Praza Maior , ou mesmo o Parque Rosa lía d eCastro e o Rio Miño.

Patrimonio AVOs retratos infantís , son no soamente nun recordo que posteriormente, odiaremos os adultos ao volver a miralos de maiores, senón un modo de dar a coñecer “a súa criatura” a os parentes que residen noutras provincias o en Ultramar, sobre todo en Cuba. 

Como se ve, nas pezas que mostramos, nesta cidade facían retratos de estudo e retratos ao aire libre , sen máis obxectivo que gardar ese rato no Parque, na Praza Maior , no Rio Miño o en calquera casa de campo dos arredores, quedando como testemuñas mudos dese momento

Tamén era outro xeito de conservares na retina ao neno/a de turnos, xa que a mortalidade infantil era alta.

Celebracións como as primeiras comuñóns, aniversarios etc, tamén eran obxecto dos intereses dos fotógrafos e familia.

Os peiteados da época , os vestidiños dos cativos/as tamén quedan reflectidos, o mesmo que os das nais que moitas das veces acompañan aos seus chúmbelles.

Outro grupo de retratos é formado polos das mulleres, dende fotos de estudo para poñer na sala ou salón , para quedar inmortalizadas con prendas únicas o de gran valor, o simplemente nun rato paseo pola rúa da Raína ou o Cantón . Soas , en parella de amigas o en grupo forman unha boa parte dos retratos desta Colección

Son fundamentais como xa dixemos na historia da moda lucense, e como fonte das relacións sociais da época.

Patrimonio AVOs retratos dos homes tamén están presentes , fotos de estudo , e menos de divertimento, tamén nos dan a coñecer os usos e costumes masculinos destes anos: partidas de cartas , paseos, etc

Tamén nestas datas temos retratos de parellas e grupos: fotos de noivos, en lugares emblemáticos da cidade, nas festas, bo das , ou outros acontecementos sociais, así como testemuña de excursión pola contorna da cidade ou de outro lugares mais alonxados.

Recollemos aquí unha mostra pero pódense ver máis retratos nas Concellerías, Cultura, Fondo Fotográfico Municipal .

Esperamos que disfruten esta mostra.

Luis M. Alvarez Martínez, Concelleiro de Urbanismo e Arquivo
Mª Jesús Saavedra Carballido,  Arquiveira Muncipal

Multimedia

  • Día Mundial do Patrimonio Audiovisual no Arquivo Municipal de Lugo