Urbanismo en Rede

O urbanismo ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e a utilización do solo, incluídos o subsolo e o voo, a súa transformación mediante a urbanización, a edificación e a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, así como a protección da legalidade urbanística e o réxime sancionador.

Consciente da súa importancia para a cidadanía, e da obriga legal de transparencia, o Concello de Lugo vincúlase activamente dende o seus inicios ao programa “Urbanismo en Red”, desenvolto pola Entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía y Turismo.

Froito deste proxecto nace a ferramenta que permite o acceso de calquera persoa interesada, dun xeito sinxelo e áxil, á información urbanística de calquera ámbito do termo municipal de Lugo. A información á que se ten acceso comprende tanto os documentos orixinais cos que se traballou, como o resultado final do proceso de sistematización levado a cabo coa mesma.

A esta información pódese acceder dende a simple a través da imaxe que se ofrece do territorio, como tamén da dirección ou referencia catastral. Permítense consultas para ámbitos concretos, xerando as que se denominan “fichas urbanísticas”, nas que figuran, a efectos informativos, as determinacións de todos os instrumentos de planeamento vixentes.

Acceso á Ferramenta » 

Estando a ferramenta en período de proba e sabedores do gran número de determinacións urbanísticas que se aplican sobre a extraordinaria dimensión do termo municipal, habilítase un buzón de correo onde se poden comunicar suxestións, dúbidas e calquera posible erro ou incidencia que puidese aparecer no manexo do programa, agradecendo calquera comunicación que axude a mellorar a ferramenta.

Buzón de correo »