Limpeza da cidade

A UTE EcoLugo é a adxudicataria da limpeza, recollida e transporte dos Residuos Sólidos Urbanos da cidade de Lugo. EcoLugo xunto co Concello está a traballar nun Plan de actuacións para respectar e mellorar o contorno da cidade que nos rodea, mellorando así a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas.

En Lugo lévase a cabo a recollida selectiva de papel, vidro e envases de forma regular e con total garantía de reciclaxe. Para isto tes á túa disposición máis de 3.200 papeleiras, máis de 3.000 colectores de RSU, papel-cartón e vidro para depositar os refugallos.

Os camións de recollida e a maquinaria de limpeza son os máis silenciosos do mercado, cunha flota de máis de 40 vehículos dotados para o servizo coa maquinaria mais moderna. 

EcoLugo fai a recollida e a limpeza diariamente, ocupando a máis de 130 operarios. A limpeza viaria está organizada por sectores que se limpan diariamente o en frecuencia alterna en función do uso que soporten.  Cada un dos operarios limpa unha media de 3.000 metros de acera e calzada en cada quenda.

Na rúa, como na casa

  • Non tirar lixo ó chan (gomas de mascar, envoltorios, etc.); depositalo nas papeleiras ou nos colectores de residuos.
  • Sacar o lixo ás horas recomendadas (das 20 ás 23 horas) sempre en bolsas pechadas, e depositalo dentro dos colectores. 
  • Facer bo uso da recollida selectiva: o vidro ao contedor de vidro, o cartón ao contedor de cartón e papel, os restos orgánicos ao colector do lixo.

Con todo isto, conseguiremos unha cidade máis limpa e agradable para todos, e sentirémonos orgullosos de vivir nela.

EcoLugo - Oficina de Atención Cidadá

Horario: Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:15.

  • Rúa Clérigos, 7 baixo
  • Teléfono: 900.909.671

APP Lugo Verde nas túas mans