Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2017

A UNESCO aprobou no ano 2005 a celebración do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, como mecanismo para concienciar o público sobre a necesidade de tomar medidas urxentes e recoñecer a importancia deste tipo de documentos audiovisuais —tales como as películas, os programas de radio e televisión, e as gravacións de son e vídeo— son patrimonio de todos e conteñen información chave dos séculos XX e XXI, que forma parte da nosa historia e identidade cultural.e documentos.

Neste ano, o Arquivo Municipal, dependente da Concellería de Desenvolvemento Sostible, quere poñer de relevo este día cunha pequena mostra de documentos visuais, simplemente, dixitalización deses outros documentos fotográficos en soporte papel, permitindo así  a súa difusión dunha maneira moito más accesible a todos os cidadáns e cidadás de Lugo.

Querendo resaltar os documentos visuais como fonte da historia , este ano escollemos unhas fotografias da coñecida Romaría dos Milagres de Saavedra, moi popular nesta cidade , e a cal forma parte de nosa cultura relixiosa.

Forma parte da Colección fotográfica “Delgado Guisasola” adquirida polo antigo Padroado de Cultura no ano 1990, e conforma unha parte do fondo do Arquivo Municipal

Soamente o seu visionado é un relato dos ritos e costumes que conleva esta romaría.

Quen no coñeza esta celebración tan popular preguntarase ónde está exactamente este lugar , pois descubra  o arredores da capital da provincia: a  dezasete Km. De Lugo e cinco de Begonte, Sta. María de Saavedra é unha parroquia que, dende o punto de vista eclesiástico, pertence ao arciprestado de Trobo e á diocese de Mondoñedo – O Ferrol. Civilmente está encadrada no concello lucense de Begonte , pertencente a comarca da Terra Chá.

A festividade da Virxe dos Milagres conmemorase anualmente o día 24 de maio mais poden acudir devotos ofrecidos ao longo de todo o ano.  Data tradicionalmente – segundo José Díaz Teijeiro- “do primeiro milagre levado a cabo na época da invasión francesa en España. Sen embargo a súa festividade non comezou a celebrarse ata os primeiros anos do século actual, sendo organizada por varios devotos da Virxe Milagrosa.

A feligresia é moito máis antiga, data da baixo Idade Media, configurouse na Baixa Idade Media- principios do século XIV arredor dunha fortaleza pertencente á casa de Saavedra. Esta casa, tivo as súas orixes en Taboi (Outeiro de Rei), preto do emprazamento da igrexa actual e pertencente ao coto e señorío de Dª Xoaquina de Oca, dama que nomeaba naquel tempo e dentro dos seus dominios o cargo de xuíz ordinario. Dende as súas orixes, disfrutou dun gran poderío, xa que chegou a ter – segundo Vasco de Aponte 11 - oitocentos vasalos. Logo, a fortaleza dos Saavedra foi destruída durante a revolta irmandiña, manténdose os seus restos ata hai pouco tempo.

Debido aos persoeiros lucenses que sempre frecuentaron a devandita casa a unión coa capital lucense foi moi moi grande: D. Felipe Diego Saavedra Cotón, sarxento maior das Milicias de Lugo, e co grado de tenente coronel de Infantería en 1763; e D. Miguel Saavedra e Basadre, capitán da Compañía de Cazadores do Rexemento provincial de Lugo en 1770. Logo, esta liñaxe traspasou fronteiras, e así, tamén quedou asentado nas localidades colombianas de Muso e Cauca12 ., pero tamén con Mondoñedo;D. Francisco Saavedra, rexedor da cidade de Mondoñedo a mediados do século XVI ; D. Pedro de Saavedra, capitán e rexedor da mesma cidade en 1627; Don Diego Saavedra Osorio, deán da catedral de Mondoñedo en 1639, cidade moi relacionada con Lugo tanto a niveis familiares como de cargos públicos en ámbalas dúas.

Os devotos acoden, consonte é habitual, ao recinto sagrado para pregarlle á Virxe a concesión dalgunha petición ou como agradecemento por un favor recibido. Ás veces, tamén veñen para acadar algunha intercesión para outras persoas, que non poden vir por algunha doenza. Entre as peticións máis relevantes están as doenzas humanas de distinta índole e a encomendación para os nenos, que van a nacer, ou para os recén nacidos. Tamén tratan de buscar unha solución a diferentes problemas de carácter familiar e social . 

A continuación verán reflectidas as distintas actividades usos e costumes desta  romeira:Nove días denantes da conmemoración mariana lévase a cabo unha novena, que vai a ser predicada por un crego, pertencente ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol ou de Lugo 28 . A este evento adoitan acudir devotos non só da comunidade parroquial de Saavedra, senón tamén doutras comunidades da Chaira, mesmo de Lugo capital. Estes son partícipes dos seguintes actos: Rezo do Santo Rosario e celebración da Santa Misa O día 24 de maio, festividade da Virxe dos Milagres, tanto algúns cregos da comarca chairega como da cidade de Lugo, ofician misas desde as 7 da mañá ata ás 13, 30 horas da tarde, momento no se leva a cabo a concelebración da misa solemne, na que adoitan participar varios cregos dámbalas dúas dioceses (Lugo e Mondoñedo-Ferrol). Rematada a misa maior, que se celebra ás 13,30 horas, os romeiros participan na procesión, que dá unha volta ao redor do santuario.. Algún ofrecido pode participar na procesión situándose cabo da imaxe da Virxe Noutrora moitos devotos para entrar en contacto co sagrado usaban como medio de purificación o sufrimento físico, consistente en facer o camiño andando, descalzo e, tamén, de xeonllos o último tramo. No intre actual, este ritual foi decaendo debido non só ao avance dos medios de locomoción, senón tamén a unha maior racionalización da igrexa sobre certas prácticas rituais. De tódolos xeitos, aínda que a maioría dos devotos fan a viaxe en autobuses ou coches particulares, hai un bó número que veñen andando.

Ademais da participación na liturxia oficial – novena, misas, procesión-, os devotos levan a cabo diversos rituais populares:

  • Un deles é o de circunvalar o templo unha ou varias veces de xeonllos ou de pé, descalzos ou calzados. Durante o percorrido portan nas súas mans unha vela acesa, ás veces da mesma altura que a do ofréndante; algún exvoto de cera, simbolizando unha figura humana total ou parcialmente; algún velón ou cirio pequeno; ou unha pequena imaxe da Virxe, que se van pasando uns a outros na porta principal.
  • Os rituais de contacto, para tocar a imaxe.
  • As ofrendas varias.
  • A esmola en metalico.
  • O encargo das misas polas intencións de cada cal.

Finalmente, a actividade relixiosa do santuario compleméntase cunha dimensión laica ou profana na que os fieis en xeral gozan dun tempo de lecer; mercan productos de diferente índole, entre os que hai que salientar as rosquillas; xantan unhas racións de polbo, e atenden nas casas de seu aos invitados cun bo xantar. Logo, á noite, é o tempo para bailar unhas pezas. 

Esperamos que gocen desta mostra.

O CONCELLEIRO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E A ARQUIVEIRA MUNICIPAL

Multimedia