Proxecto Lugo+Biodinámico

Proxecto Lugo+Biodinámico

1- Título do proxecto

Proxecto LIFE Lugo+Biodinámico. Planificación dun barrio multi-ecolóxico como modelo de resilencia urbana. Número de proxecto: LIFE14 CCA/ES/000489

Life

2- Ámbito do proxecto

O ámbitoÁmbito do proxecto Lugo Biodinámico territorial do presente traballo correspóndese co establecido na memoria do proxecto LIFE LUGO + BIODINÁMICO no que se determina unha localización específica situada ao nordeste da cidade de Lugo, nas proximidades dos parque industrial do Ceao e do parque empresarial das Gándaras para desenvolver una estratexia urbana innovadora de Adaptación ao Cambio Climático.

Así mesmo, a Área de Actuación proposta localízase no ámbito do "Cinturón Verde" que envolve toda a cidade, dende o Oeste ao Noroeste, seguindo os cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira, e cuxa previsión aparece recollida no Planeamento Xeral (PXOM-2011), dentro do novo Modelo de Ordenación Territorial, que se deseña para a Cidade de Lugo.

 3- Obxecto do proxecto

O proxecto LUGO + BIODINÁMICO trata de contribuír a desenvolver unha estratexia de planificación urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático a escala de veciñanza ou barrio residencial, visualizando o mesmo non como unha ameaza senón como unha oportunidade para a mellora da calidade dos espazos urbanos, considerando o cambio climático como reto e a necesidade crecente de rexeneración dos ámbitos urbanos como o seu contexto. Por iso, establece un programa de actuacións cunha duración de 4,5 anos que inclúe un amplo abano/mosaico de 28 accións relacionadas entre si que van dende o coñecemento do escenario climático de referencia, o marco analítico e a visión estratéxica do emprazamento, o catálogo de solucións de deseño urbano, co detalle de definición das infraestruturas ecolóxicas do ámbito e a planificación detallada de zonas de confort climático residencial, ata as accións de selvicultura de frondosas autóctonas, cultivos enerxéticos en medio urbano, souto de castiñeiros, recuperación e posta en valor dun bosque de ribeira e creación dun arboretum galego. Ditas accións compleméntanse coas de establecemento de actuacións de agricultura urbana de solo e altura, adaptación de sistemas construtivos con materiais autóctonos de baixa enerxía incorporada e deseño e execución de proxecto piloto “Impulso verde”. As accións complétanse coas correspondentes monitorizacións dos resultados a nivel físico, ambiental e socio económico e avaliación do impacto do proxecto, comunicación e diseminación de resultados, transferibilidade e replicabilidade da experiencia. A finalidade é que os procedementos desenvoltos poidan servir de exemplo demostrativo para a súa aplicación noutros municipios e entidades locais de cidades de tamaño medio (como a de Lugo) de xeito que estas poidan ofrecer novas vías alternativas de actuación ante o escenario do cambio climático e as consecuencias que se derivan del para as entornas urbanas.

Porén, o obxectivo definido do proxecto é: "Poñer en práctica na cidade de Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións de escala intermedia de barrios ou áreas residenciais para conseguir tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático".

4- O poder transformador da madeira

Pola súa importancia estratéxica, destácase neste apartado a aposta do proxecto polo desenvolvemento e aporte de valor engadido a un sector chave no ámbito da comunidade galega: o sector de transformación da madeira.
Así ben, o proxecto, por unha banda establece na súa acción C4 “Selvicultura de Frondosas Autóctonas en Medio Urbano para produción de madeira de calidade”, a plantación dunha parcela demostrativa de 4 hectáreas, considerando 4 especies de frondosas autóctonas, a saber: cerdeira (Prunus Avium); freixo eurosiberiano (Fraxinus excelsior); pradario sicomoro (Acer pseudoplatanus) e carballo (Querqus robur). A citada parcela ten como obxectivo, ademais da creación dunha área verde naturada á disposición da cidadanía, realizar unha experiencia demostrativa do potencial de producción de madeira de calidade, como produto renovable, reciclable, neutro en termos de Carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

selvicultura de frondosas

Por outra banda, establécese nas súas accións C10 “Adaptación de sistemas construtivos con materiais autóctonos de baixa enerxía incorporada e análise doutras tecnoloxías adaptables” e C11 “Deseño e execución de Proxecto Piloto IMPULSO VERDE”, un traballo de investigación da USC - Campus Lugo baseado no uso da madeira local, co obxecto do desenvolvemento de produtos estruturais de madeira, de altas prestacións, confort e valor estético, para favorecer a substitución dos materiais que teñen un alto coste enerxético de uso habitual na construción actual. Para iso, preténdese a incorporación de produtos no mercado que favorezan e poñan en valor o aproveitamento da madeira local, poñendo en funcionamento as explotacións forestais, e incrementando en consecuencia a absorción do CO2.
Ademais coa construción do edificio de madeira “IMPULSO VERDE” preténdese crear un referente de cambio na loita contra o Cambio Climático para a sociedade galega, propoñendo un novo modelo construtivo de edificación en altura con estrutura de madeira galega, respetuoso co medio ambiente, actuando como Centro de Referencia en Formación e Divulgación na Acción polo Clima. Este edificio suporá unha alternativa real e medible ás edificacións convencionais altamente contaminantes e de baixa eficiencia enerxética (baseados fundamentalmente nas tecnoloxías do aceiro e do formigón armado). Esta infraestrutura preséntase como un fito construído anticipatorio do novo barrio multi-ecolóxico que se proxecta, para dotar de gran capacidade de "adaptación” e “resiliencia” ás entornas urbanas, pola súa capacidade de replicación e evolución no tempo.

construccións de edificacións en madeira

+ info

Multimedia