Dende o Servizo de Licenzas realízanse as seguintes tramitacións:
- Procedementos relativos ás: licenzas de obra maior, de licenzas de obra menor e licenzas de primeira ocupación de edificacións.
- Procedementos relativos ás: licenzas e comunicacións previas ó inicio de actividades.
- Procedementos para as autorizacións autonómicas en solo rústico previos ás licenzas urbanísticas.
- Resolucións da excepción do cumprimento das normas de habitabilidade das vivendas de Galicia.
- Sinalamento e fixación de aliñacións e rasantes de conformidade co establecido no Plan Xeral de ordenación urbana.
- Cambios de titularidade das licenzas urbanísticas, licenzas de apertura e comunicacións de inicio de actividades.
- Procedementos de autorización de prórroga dos prazos de inicio o execución establecidos nas licenzas urbanísticas.
- Procedemento de devolución das garantías establecidas nas licenzas urbanísticas.
- Emisión de informes e certificados sobre cuestións relativas ás licenzas outorgadas ou en trámite.