- Tema
Co desenvolvemento desta campaña preténdese dar cumprimento ao establecido no Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia 2010-2020 que establece como primeiro chanzo na xerarquía de opcións a xestión por medio da compostaxe de fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos.
Concienciar á poboación na necesidade de reducir o volume de residuos, sensibilizala sobre os beneficios ambientais do emprego da técnica de compostaxe doméstica e capacitala para a elaboración de compost a esta escala, favorecendo a redución dos custes económicos e ambientais vencellados á cantidade de residuos orgánicos xerados polo concello, así como aqueles asociados aos desprazamentos necesarios para a súa recollida, promovendo os beneficios económicos e ambientais derivados da obtención dun abono natural de destacado valor agronómico.
Ao abeiro do programa, contémplase a realización das seguintes actividades:
- Campaña de sensibilización
- Solicitudes de pariticipación
- Entrega de Composteiros
- Cursos de formación para a compostaxe
- Visistas porta a porta para o seguimento do proceso da compostaxe doméstica
- Toma de mostras e análise do compost
- Emisión do informe final
- Xornada de divulgación e peche do proxecto