Xestión de residuos en domicilios, establecementos hostaleiros e comercios

A Concellería de Medio Ambiente ven desenvolvendo campañas de sensibilización encamiñadas a unha maior concienciación da cidadanía co tema dos residuos.

Esta preocupación polo maior coñecemento da xestión dos residuos traspasa a mera responsabilidade das competencias municipais, por canto, se ben as campañas de comunicación teñen como obxectivo principal fomentar a recollida selectiva en fogares, establecementos de hostalería e comercios, tamén se están a realizar cursos específicos para empresarios en materia de medio ambiente, ou charlas informativas acerca de xestión de residuos industriais ou perigosos.

Directorio