
EVISLUSA é unha empresa municipal para desenvolvemento de solo e vivenda. Foi constituída en escritura pública o 18 de novembro de 2003 e comezou a súa andaina en febreiro do 2004. É unha aposta decidida por unha acción pública municipal.
Actividades urbanísticas de interese social:
- Preparación de solo residencial, terciario, industrial e de equipamento.
- Remodelación ou reforma de zonas urbanas.
- Redacción de documentos de planeamento e xestión urbanística.
- Promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles.
- Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización.
- Investigación, información, asesoramento e colaboración en estudios e actividades relacionados coa poboación e o urbanismo.