Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Urbanismo en Rede

Urbanismo en Rede

  • Tema
    • Urbanismo

O urbanismo ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e a utilización do solo, incluídos o subsolo e o voo, a súa transformación mediante a urbanización, a edificación e a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, así como a protección da legalidade urbanística e o réxime sancionador.

Consciente da súa importancia para a cidadanía, e da obriga legal de transparencia, o Concello de Lugo vincúlase activamente dende o seus inicios ao programa “Urbanismo en Red”, desenvolto pola Entidade pública empresarial Red.es [1], adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía y Turismo [2].

Froito deste proxecto nace a ferramenta que permite o acceso de calquera persoa interesada, dun xeito sinxelo e áxil, á información urbanística de calquera ámbito do termo municipal de Lugo. A información á que se ten acceso comprende tanto os documentos orixinais cos que se traballou, como o resultado final do proceso de sistematización levado a cabo coa mesma.

A esta información pódese acceder dende a simple a través da imaxe que se ofrece do territorio, como tamén da dirección ou referencia catastral. Permítense consultas para ámbitos concretos, xerando as que se denominan “fichas urbanísticas”, nas que figuran, a efectos informativos, as determinacións de todos os instrumentos de planeamento vixentes.

Acceso á Ferramenta » [3] 

Estando a ferramenta en período de proba e sabedores do gran número de determinacións urbanísticas que se aplican sobre a extraordinaria dimensión do termo municipal, habilítase un buzón de correo onde se poden comunicar suxestións, dúbidas e calquera posible erro ou incidencia que puidese aparecer no manexo do programa, agradecendo calquera comunicación que axude a mellorar a ferramenta.

Buzón de correo » [4]

+ info

Ortofoto de Lugo - Imaxes de alta resolución referenciadas
3.27 MB
Guía de uso da ferramenta Urbanismo en Rede
Acceso a Urbanismo en Rede

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/urbanismo-en-rede

Ligazóns:
[1] http://www.red.es/redes/
[2] http://www.minetur.gob.es/es-ES/Paginas/index.aspx
[3] http://urbanismoenred.lugo.es/Visor/
[4] https://concellodelugo.gal/gl/form/urbanismo-en-rede-buzon-de-correo