Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Axenda 21

Axenda 21

  • Tema
    • Axenda 21

Dende o Concello de Lugo consideramos a Axenda 21 Local unha ferramenta imprescindible para conquerir unha mellora da calidade de vida, polo que debe ser un documento presente na implementación de todas as políticas que se leven a cabo no Concello.

No marco do Eixo Atlántico, elaborouse no ano 2008 a Axenda 21 Local de Lugo coa intención de construír un programa de acción conxunto para o desenvolvemento do territorio municipal e a mellora de calidade de vida dos seus habitantes desde o paradigma da sostibilidade. Esta sostibilidade baséase na idea de que todas as persoas e institucións, na súa medida, son responsables na creación dun municipio máis desenvolvido, ecolóxico, socialmente integrado e con mellor calidade de vida; e que todos e todas deben cooperar na súa realización.

No programa de actuación da Axenda 21 Local de Lugo, propúñanse unha serie de actuacións concretas centradas nas oportunidades e valores sociais no noso concello. Agora é o momento de avaliar o grao de cumprimento dese plano de acción para actualizalo e planificar as novas actuacións dos vindeiros anos.

O obxectivo é lograr unha cidade máis habitable na que sexa máis cómodo vivir a través dun proceso de humanización das rúas, prazas e demais espazos do noso Concello. Este obxectivo vén enmarcado dentro do acordo de goberno que desenvolve un programa centrado na optimización dos recursos, no camiño de mellorar a prestación dos servizos e o recorte do gasto.

+ info

134.65 KB
Axenda 21: Documento de accións aprobadas nas mesas temáticas
331.5 KB
Axenda 21: Documento de priorización de actividades do programa
343.6 KB
Axenda 21: Plan de Acción
3.19 MB
Cómic: Dina e os Recuperadores
11.65 MB
Axenda 21: Un compromiso co Futuro

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/axenda-21