Convocatorias de subvencións

O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de tres liñas de subvención en materia social e deportiva, ás que destina preto de 200.000 euros. Trátase, por unha banda, das axudas para asociacións e entidades sen ánimo de lucro, coas que dinamiza o tecido asociativo do municipio e contribúe a que manteñan as súas actividades, dirixidas á mellora da calidade de vida dos cidadáns, e por outra, as destinadas a entidades deportivas e persoas con talento deportivo, co fin de promover e fomentar a práctica deportiva no municipio.

Todos os interesados en calquera destas tres liñas de axuda poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello no prazo de quince días naturais, dende o 04/11/2015 e ata o 18/11/2015, tal e como establece o anuncio publicado no DOG. As bases destas convocatorias de subvencións poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios Municipal e na páxina web do Concello.

Estas convocatorias de axudas son as seguintes:

Subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro»

Subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro»

Subvencións para persoas con talento deportivo»