Subvencións para persoas con talento deportivo

Código: 
802
Presentación: 
Presencial
Descarga

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

  • Publicación: Boletín Oficial da Provincia número 208, de data 09 de setembro de 2023.
  • Requisitos das persoas solicitantes: os establecidos na cláusula terceira das bases reguladoras.
  • Méritos deportivos a valorar: os establecidos na cláusula cuarta das bases reguladoras, segundo os criterios de valoración previstos na cláusula quinta de ditas bases reguladoras.
  • Documentación a presentar xunto coa solicitude, de acordo cos modelos dos ANEXOS e co establecido nas bases reguladoras:
  1. Fotocopia do DNI da persoa solicitante é, de ser o caso, do representante legal e documento que acredite a representación (no caso de ser menor de idade deberán achegar ademáis copia do  Libro de familia e do DNI do pai/nai/titor legal e asinar todos os Anexos xunto ao solicitante).
  2. No caso de persoas con discapacidade, acreditación expedida polo Organismo competente vixente no momento da presentación da solicitude.
  3. Certificación expedida pola respectiva Federación, que deberá conter obligatoriamente  a información prevista na cláusula sexta, apartado 2.c). A estos efectos poderán presentar debidamente cuberto e asinado pola respectiva Federación o Anexo III previsto nestas bases.

No caso de discrepancia entre os datos que consten no certificado da Federación e os aportados polo solicitante no apartado de “Datos deportivos” do Anexo I, terase en conta o resultado que conste no certificado da Federación.

  1. Acreditación da superación do curso académico (ano 2022; curso 2021/2022).
  2. Declaración xurada da existencia ou non doutras axudas solicitadas ou concedidas por ésta ou por outras Administracións. No caso de existir, indicarase a Entidade e contía (ANEXO II).
  3. Declaración responsable de non atoparse inhabilitado/a ou estar incurso/a en prohibición para acceder á condición de beneficiario/a de subvencións do Concello de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. (ANEXO II).
  4. Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, incluíndo as municipais e fronte á Seguridade Social (ANEXO II).
  5. No caso de deportistas de idade igual ou superior aos 16 anos, certificado da declaración do Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas do último exercicio ou, no caso de non realizar dita declaración, certificado do nivel de renda do último exercicio. Poderanse solicitar a través da Sede Electrónica da Axencia Tributaria no enlace https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/G306.shtml.
  6. Certificado bancario do número de conta da persoa beneficiaria, no que figurará o deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.

Toda a documentación deberá presentarse en formato PDF. Non se admitirán documentos en archivo de imagen (“jpg” ou similar).

Máis info

Información protección de datos:

Anexos:

AVISO IMPORTANTE: Os Anexos en formato editable xúntanse para facilitar o seu cumprimento. EN NINGÚN CASO se poderá modificar o seu formato e/ou contido.

+ info

Solicitude 802 - Subvencións para persoas con talento deportivo