Subvencións para persoas con talento deportivo
- Tipo
- Axuda | Subvención
- Ámbito
- Deporte e instalacións deportivas
- Destinatario
- Deportistas e entidades deportivas
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
- Publicación: Boletín Oficial da Provincia número 208, de data 09 de setembro de 2023.
- Requisitos das persoas solicitantes: os establecidos na cláusula terceira das bases reguladoras.
- Méritos deportivos a valorar: os establecidos na cláusula cuarta das bases reguladoras, segundo os criterios de valoración previstos na cláusula quinta de ditas bases reguladoras.
- Documentación a presentar xunto coa solicitude, de acordo cos modelos dos ANEXOS e co establecido nas bases reguladoras:
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante é, de ser o caso, do representante legal e documento que acredite a representación (no caso de ser menor de idade deberán achegar ademáis copia do Libro de familia e do DNI do pai/nai/titor legal e asinar todos os Anexos xunto ao solicitante).
- No caso de persoas con discapacidade, acreditación expedida polo Organismo competente vixente no momento da presentación da solicitude.
- Certificación expedida pola respectiva Federación, que deberá conter obligatoriamente a información prevista na cláusula sexta, apartado 2.c). A estos efectos poderán presentar debidamente cuberto e asinado pola respectiva Federación o Anexo III previsto nestas bases.
No caso de discrepancia entre os datos que consten no certificado da Federación e os aportados polo solicitante no apartado de “Datos deportivos” do Anexo I, terase en conta o resultado que conste no certificado da Federación.
- Acreditación da superación do curso académico (ano 2022; curso 2021/2022).
- Declaración xurada da existencia ou non doutras axudas solicitadas ou concedidas por ésta ou por outras Administracións. No caso de existir, indicarase a Entidade e contía (ANEXO II).
- Declaración responsable de non atoparse inhabilitado/a ou estar incurso/a en prohibición para acceder á condición de beneficiario/a de subvencións do Concello de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. (ANEXO II).
- Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, incluíndo as municipais e fronte á Seguridade Social (ANEXO II).
- No caso de deportistas de idade igual ou superior aos 16 anos, certificado da declaración do Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas do último exercicio ou, no caso de non realizar dita declaración, certificado do nivel de renda do último exercicio. Poderanse solicitar a través da Sede Electrónica da Axencia Tributaria no enlace https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/G306.shtml [1].
- Certificado bancario do número de conta da persoa beneficiaria, no que figurará o deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.
Toda a documentación deberá presentarse en formato PDF. Non se admitirán documentos en archivo de imagen (“jpg” ou similar).
Máis info
- Enlace BOP: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/09-09-2023.pdf#page=1 [2]
Información protección de datos:
- Proteccción de datos: https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2022/07/informacion_proteccion_datos_0.pdf [3]
Anexos:
AVISO IMPORTANTE: Os Anexos en formato editable xúntanse para facilitar o seu cumprimento. EN NINGÚN CASO se poderá modificar o seu formato e/ou contido.