Servizo O.R.A.

O Concello de Lugo afronta a modernización do servizo ORA en consonancia co desenvolvemento das novas tecnoloxías e a sostibilidade. 

Se ben o funcionamento normativo do servizo segue sendo o mesmo-coas mesmas tarifas- a incorporación de novos equipos permite unha xestión máis eficaz e acorde co desenvolvemento sostible (equipos autónomos recargables mediante enerxía solar).

O funcionamento dos novos expendedores de tíckets é sinxelo e mostra en todo momento os pasos que hai que seguir a través do display. 

Os novos tíckets dispoñen de resgardo no que está impresa a localización do expendedor que o emite, e o tempo de aparcamento habilitado, facilitándolles, por exemplo, a localización do vehículo as persoas foráneas que non coñecen a cidade ou axudando a recordar a hora límite do aparcamento. 

Para coñecer as instrucións das diferentes funcións, pode descargar o arquivo pdf onde se detalla como obter os tickets, o pago con moeda, o pago con tarxeta e a anulación de denuncias 

Atenderemos as súas dúbidas, suxestións e queixas en oralugo@gmail.com