Arde Lucus 2015

Os días 19, 20 e 21 de Xuño de 2015 Lugo volverá a arder

Os días 13, 14 e 15 de xuño do 2014, un fenómeno máxico apoderouse de cada recuncho da nosa cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaí está a maxia do Arde Lucus, en retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa.

Mergúllate connosco na vida de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.