- Tema
|
![]() |
Plan de emprego que favorecerá a través da formación a inserción laboral de 105 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.
Conta cun orzamento total de 600.000€, dos que o Fondo Social Europeo achega o 91,8% e o Concello o 8,2%. Consta de 7 accións formativas, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, con 15 participantes por cada unha delas. Son as seguintes:
- Aplicación e manexo de sistemas aéreos non tripulados: RPAs ou drons. Con este curso, o alumnado terá acceso ao exame para a obtención dos certificados básico e avanzado oficiais de Piloto de RPAs, expedidos pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Operacións básicas de cociña
- Operacións básicas de cátering
- Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil
Todas estas accións formativas teñen unha parte teórico práctica e unha parte práctica en empresas do sector do que se trate.
Xunto á formación específica de cada especialidade, as persoas recibirán formación adicional de carácter xeral en informática, inglés básico, habilidades sociais e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Durante todo o proceso, as persoas participantes recibirán acompañamento personalizado a través de titorías individualizadas, orientación e intermediación laboral e axuda na busca activa de emprego.
Máis información
- Bases de selección | Descargar pdf
- Anexo do proxecto | Descargar pdf
- Lista de admitidos en Drones | Descargar pdf