Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Empregalia

Empregalia

  • Tema
    • Alcaldía

Plan de emprego que favorecerá a través da formación a inserción laboral de 105 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.

Conta cun orzamento total de 600.000€, dos que o Fondo Social Europeo achega o 91,8% e o Concello o 8,2%. Consta de 7 accións formativas, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, con 15 participantes por cada unha delas. Son as seguintes:

  • Aplicación e manexo de sistemas aéreos non tripulados: RPAs ou drons. Con este curso, o alumnado terá acceso ao exame para a obtención dos certificados básico e avanzado oficiais de Piloto de RPAs, expedidos pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
  • Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Operacións básicas de cociña
  • Operacións básicas de cátering
  • Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil

Todas estas accións formativas teñen unha parte teórico práctica e unha parte práctica en empresas do sector do que se trate.

Xunto á formación específica de cada especialidade, as persoas recibirán formación adicional de carácter xeral en informática, inglés básico, habilidades sociais e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Durante todo o proceso, as persoas participantes recibirán acompañamento personalizado a través de titorías individualizadas, orientación e intermediación laboral e axuda na busca activa de emprego.

Máis información

  • Bases de selección | Descargar pdf [1]
  • Anexo do proxecto | Descargar pdf [2]
  • Lista de admitidos en Drones | Descargar pdf [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/empregalia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_de_seleccion_beneficiarios.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/texto_para_web.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/listado_admitidos_drones-_empregalia.pdf