Actualidade

Maite Ferreiro: “Ampliamos a programación cultural promocionando tamén as salas museísticas e os seus contidos”.
O 18 de maio, o MIHL acollerá o concerto de Traspielas, con acceso libre ata completar a cabida.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou esta mañá a fase final dos traballos da nova estación intermodal, cuxa finalización está prevista para o vindeiro mes de xuño.
Durante a visita o rexedor anunciou que o convenio con Adif para a conexión da nova infraestructura coa zona alta da cidade a tarvés dun sistema de rampas e ascensores será rubricado con Adif nos vindeiros días, o que permite acelerar exponencialmente a súa execución.
Este proxecto, que completa a estratexía de cidade na contorna da intermodal, contará cun orzamento superior aos 5 millóns de euros que conta con finaciamento eurpepo dentro da estratexia Novo Norte, aos que se suma outro millón máis achegado polo Concello para afrontar as expropiacións necesarias para acometer a obra.
“Estas obras representan un antes e un despois na historia recente da cidade. Son a proba de que Lugo está en marcha, de que hai un proxecto de cidade claro e de que estamos a construír unha mobilidade moderna, sostible e pensada para o benestar da veciñanza”, concluíu.

As obras terán lugar os días 27 de maio e 2 e 4 de xuño, todas elas ás 19.00 horas. As dúas primeiras funcións celebraranse no centro de Fingoi e a última no Uxío Novoneyra.

A edil de Cultura destacou que "as últimas semanas do ano Lugo énchese da mellor selección do jazz internacional".
Na última edición do Festival de Jazz de Lugo contouse con Victor Wooten & The Wooten Brothers e Chucho Valdés Royal Quartet, entre outros.

Á presentación dos actos tivo lugar esta mañá no Círculo das Artes, onde tamén se inaugurou unha exposición estática sobre escudos e dinastías da historia de España.
Máis de 500 efectivos, das distintas seccións, participarán en exercicios, instruccións e concertos, para rematar o día 10 de maio cunha xura de bandeira para persoal civil.
Unha escultura do artista Miguel Couto descubrirase mañá en lembranza á exalcaldesa e como recoñecemento institucional a súa figura e a súa contribución á cidade.

O Servizo de Arqueoloxía leva anos traballando para seleccionar e reunir nesta web a máxima información destes restos, como mapas de xeolocalización, imaxes en 3D ou ampla bibliografía.
O Catálogo Arqueolóxico Lucus Augusti é un dos máis amplos do país e con maior número de restos, elixidos de entre as escavacións realizadas ao longo dos últimos 40 anos e das pezas máis antigas expostas en museos.
O alcalde sinala que é unha innovadora ferramenta para coñecer centos de pezas que pese ao seu gran valor, non está expostas ao público en espera do tan demandado Museo da Romanización”.


Maite Ferreiro: "Continuamos a apoiar un festival xa consolidado, que realiza unha importante aposta pola presenza feminina e polos grupos de Lugo".
O festival volverá celebrarse este ano entre o 6 e o 9 de maio.

A formación céntrase na aprendizaxe de técnicas básicas para recuperar e conservar mobles, desde a preparación de superficies ata a reparación de pequenos desperfectos.
A concelleira de Participación destaca a aposta por achegar formación útil ao rural e fomentar as xuntanzas nas parroquias.





























