Centro de Orientación Laboral Espazo Lab

Avda. da Coruña, 500 Antigo cuartel de Garabolos
27003 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982297361
Fax: 
982297364

O Espazo Lab, situado no antigo cuartel de Garabolos, é o servizo integral de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello de Lugo. Conta cun equipo de profesionais especializados no asesoramento laboral que coordinan as distintas iniciativas municipais en materia de emprego e, ademais, funcionan como nexo de unión entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.

Un dos obxectivos de Espazo Lab é detectar os cambios e as novidades nas tendencias no mundo do traballo co fin de divulgar esas novas oportunidades de ocupación e dar a coñecer os sectores económicos emerxentes e as últimas competencias profesionais. O permanente contacto coas empresas facilita a actualización constante das ofertas de emprego e coñecer de primeira man as demandas do mercado laboral. Deste xeito, o Espazo Lab pode ofrecer un asesoramento innovador e axudar aos demandantes de emprego a que actualicen o seu perfil a través dunha atención personalizada e de itinerarios de formación que melloren as súas capacidades e lles facilite acceder con éxito ao mercado laboral.

A través deste servizo municipal, o Concello de Lugo ofrece máis prestacións aos demandantes de emprego poñendo a súa disposición gratuitamente unhas modernas instalacións dotadas coas tecnoloxías máis innovadoras e cun completo equipo de profesionais que lles presta unha atención personalizada. Os usuarios e usuarias atopan ferramentas informáticas para buscar emprego ou crear o seu currículo; poden consultar as ofertas máis actualizadas, así como prensa e revistas especializadas; e, ademais, asistir a cursos, seminarios e charlas sobre distintos temas relacionados co emprego.

Directorio