Hortos Urbanos

Hortos con función de autoconsumo que o Concello de Lugo pon a disposición da veciñanza para contribuír a favorcer os hábitos saudables, centrados na produción ecolóxica, e, que se situan na ladeira entre a Ronda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, a carón do barrio de Xuíz.

Os hortos engloban a 3.000 m2, dos que se empregarán para cultivo 1.085 m2, cunha zona de entrada, con espazo para aparcadoiro de vehículos e unha caseta de madeira, de acordo co entorno, para apeiros e material. Está formado por 33 parcelas, con pantallas vexetais para separalos e diferencialos dos viais. Ademais, ten fontes de rega, adaptadas ao entorno, e mesas e bancos de uso público.