O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo

Á presentación dos actos tivo lugar esta mañá no Círculo das Artes, onde tamén se inaugurou unha exposición estática sobre escudos e dinastías da historia de España.

Máis de 500 efectivos, das distintas seccións, participarán en exercicios, instruccións e concertos, para rematar o día 10 de maio cunha xura de bandeira para persoal civil.

Xoves, 30 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto ao concelleiro de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Mauricio Repetto, participou esta mañá na apertura de actos do desgregue da Garda Real en Lugo, que desde hoxe e ata o día 10, levará a cabo en Lugo exhibicións, paradas militares, instruccións e concertos da unidade de Música, para rematar a súa programación en Lugo cunha xura de bandeira para persoal civil, o domingo 10 de maio, ás 12.00 da mañá o Parque Rosalía de Castro.

Trala presentación dos actos, a cargo do coronel xefe da Garda Real, Luis Alfonso Choya, tivo lugar a apertura da mostra, instalada no salón de columnas e nas salas próximas do Círculo, na que faise un percorrido polas dinastías, escudos e uniformes das distintas épocas.

A esta exposición, seguiralle outras actividades tantos en municipios da provincia como na capital, onde haberá maior presencia os días 8,9 e 10. Ademais da citada xura de bandeira, destacan o concerto da Unidade de Música da Garda Real, integrada por 100 músicos, o sábado 9, ás 18.30 na praza de Santa María; unha exposición dinámica no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo; e a ofrenda á Virxe dos Ollos Grandes, na mesma xornada do sábado, entre outras.

Os primeiros contactos entre o Concello de Lugo e a Garda Real para a programación destas xornadas comezaron a primeiros de xaneiro, para establecer o apoio da institución municipal ao despregue da Garda Real e a coordinación dos corpos municipais de Policía Local e Bombeiros, así como a colaboración de Protección Civil.

Multimedia

  • O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo
  • O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo
  • O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo
  • O alcalde asiste ao comezo do despregue da Garda Real en Lugo

Noticias relacionadas