Tras manter, en menos dunha semana, dúas reunións coa mesa de traballo da Xunta de Persoal.
Venres, 15 de maio de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo esta mañá a segunda mesa de traballo coa Xunta de Persoal, nun encontro centrado en avanzar na carreira profesional dos empregados públicos, nas modificacións da Relación de Postos de Traballo (RPT) que presenten situacións indiscutibles, así como a planificación das ofertas públicas de emprego sectoriais.
Tralo encontro a alcaldesa realizou unha valoración positiva da xuntanza e avanzou a convocatoria da mesa de negociación colectiva para a vindeira semana.

