Elena Candia reúnese co Comité de Empresa e coa Xunta e Persoal

Venres, 08 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia reúnese co Comité de Empresa e coa Xunta e Persoal

A alcaldesa de Lugo mantivo esta mañá as primeiras reunións de traballo cos representantes do comité de empresa (CC.OO, UGT, USO e CIG) e da xunta de persoal do Concello de Lugo, xuntanzas nas que participron membros dos distintos sindicatos (CSIF, Unión Sindical de Bomberos, CC.OO, UGT, USO e CIG). Elena Candia trasladoulles a súa vontade de manter unha relación baseada no diálogo, na escoita e na colaboración permanente cos traballadores municipais.

A alcaldesa destacou que o persoal municipal “é unha peza fundamental para mellorar o funcionamento do Concello e a atención á veciñanza” e puxo en valor o traballo que realizan os empregados públicos “mesmo en departamentos que levan anos asumindo unha importante sobrecarga de traballo”.

Durante ambas xuntanzas, a alcaldesa púxose á disposición dos representantes dos traballadores para escoitar as súas demandas e prioridades, coa vontade de avanzar nunha mellor organización interna e na planificación das necesidades de persoal máis urxentes. Nese senso emprazoulles a manter a vindeira semana unha mesa de traballo.

No caso do comité de empresa vanse reunir previamente para fixar as prioridades para profundizar nas súas demandas e determinar aquelas que se poidan resolver nos vindeiros meses. Por parte da xunta de persoal xa avanzaron que urxe avanzar na carreira profesional e a modificación da Relación de Postos de Traballo.

Elena Candia subliñou que “un Concello que funciona mellor por dentro pode prestar mellores servizos aos lucenses”.

Multimedia

  • Elena Candia reúnese co Comité de Empresa e coa Xunta e Persoal

Noticias relacionadas