Coa Programación cultural de Primavera no Cemiterio de San Froilán, ten comenzado xa unha nova temporada de visitas teatralizadas realizadas nas tardes de domingo, nas que o Grupo de teatro Achádego fará as nosas ledicias, rememorando coa súa interpretación, froito dun inxente traballo de recuperación histórica, a persoeiros relevantes do noso pasado, tanto homes como mulleres que nos deixaron a súa impronta e que cómpre lembrar para non esquecer, xa que constitúen a Memoria viva da cidade.
Así, o vindeiro domingo, día 24 de maio, ás 17:30, terá lugar a terceira visita na cal este Grupo de teatro, parte intrínseca da cultura lucense, traerá ao noso recordo a algunhas das persoas relevantes que destacaron polo seu traballo e polas súas aportacións á nosa sociedade relacionadas coa escritura como Ánxel Fole, soterrado no cemiterio de San Froilán e que cultivou tódolos xéneros literarios, Luís Pimentel, destacado pola súa poesía influenciada polos movementos vangardistas, ou Celestino Fernández de la Vega, escritor, filósofo e ensaísta galego distinguido polo seu tratado “O segredo do humor”, un dos mellores estudos do tema que se coñecen.
- DATA: domingo día 24 de maio
- HORA: 17:30
- LUGAR: Cemiterio municipal de San Froilán
- ENTRADAS: Esta actividade é gratuita. Poderanse reservar entradas nas oficinas do cemiterio (Ronda Muralla, 197), no propio recinto ou nos teléfonos: 982297303 e 982297350. Reservaranse, como máximo, 4 entradas por persoa. Tamén poderán ser recollidas directamente no mesmo recinto, media hora antes do comenzo da visita.
- AFORO: O número máximo de prazas é de 50.

