O Goberno local retoma un acordo unánime de 2024 para impulsar un convenio propio do persoal de limpeza municipal

Martes, 19 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local retoma un acordo unánime de 2024  para impulsar un convenio propio do persoal de limpeza municipal

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes da empresa concesionaria Lacera, e dos sindicatos CIG, CCOO e UGT, así como con traballadoras do servizo de limpeza das dependencias municipais, para avanzar na creación dun convenio colectivo propio para o persoal que presta este servizo nos edificios do Concello de Lugo.

Con este encontro, o Executivo municipal comeza a impulsar desde o goberno unha medida que o Grupo Popular xa defendera na oposición e que fóra aprobada por unanimidade no Pleno municipal en abril de 2024.

Noticias relacionadas