Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Fondos Next Generation-EU

O 21 de xullo de 2020 o Consello Europeo alcanzou acordar crear un instrumento excepcional de recuperación temporal coñecido como NextGenerationEU que autoriza á Comisión Europea a emitir ata 750.000 millóns de euros de débeda en nome da Unión. É dicir, os 27 estados membro puxéronse de acordo para endebedarse xuntos coa vista posta en investir nun futuro común. A resposta coordinada e solidaria á pandemia supón unha reacción moi diferente da que tivo lugar na anterior crise económica.

NextGenerationEU componse de dous instrumentos principais:

  • Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR): Constitúe o núcleo do fondo de recuperación e está dotado con 723.800 millóns, dos cales 385.800 millóns destinaranse a préstamos e 338.000 millóns de euros constituiranse como transferencias non reembolsables. A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados membro para lograr unha recuperación sostible e resiliente, á vez que se promoven as prioridades climáticas e dixitais da Unión.
  • REACT-EU: Instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa. Conta con 50.600 millóns de euros e o seu obxectivo é ampliar e dar continuidade ás medidas de resposta e reparación da crise posta en marcha desde o inicio da pandemia. Os fondos de REACT-EU operan como fondos estruturais, pero con maior flexibilidade e axilidade na súa execución. REACT-EU promoverá a recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía. A asignación para España sitúase por encima dos 12.400 millóns de euros que, na súa maior parte, xa foron á súa vez asignados ás Comunidades Autónomas, principais encargadas da súa execución.

Este fondo de recuperación, de duración limitada e financiado con recursos adicionais aos previstos para financiar o Marco Financeiro plurianual 2021-2027, intégrase nos orzamentos anuais da UE, no que tamén se inclúen os tradicionais fondos da política de cohesión. Por tanto, son recursos diferentes. Con todo, o MRR pode financiar proxectos de investimento e reformas onde se complemente con outros fondos ou programas da UE, asegurando non incorrer en dobre financiamento.

Transformación Dixital

Zero: Corazón Verde (ZBE)

O Concello de Lugo é beneficiario do PROGRAMA DE AXUDAS A MUNICIPIOS PARA A IMPLANTACIÓN DE ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E SOSTIBLE DO TRANSPORTE URBANO, NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADA A TRAVÉS DO MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA, expediente PRTRMU-21-00131, para a implantación dunha Zona de Baixas Emisións, na que se encadran catro actuacións cos seguintes importes recibidos de axuda:

  • Actuación 1: Peonalización entre a porta da muralla “Bispo Odoario” e a Praza do Ferrol. Importe da axuda: 1.627.411,50 €. Actuación P6_L2-20210927-1. Trátase dunha actuación de peonalización e de humanización das rúas Montevideo, Ramón y Cajal, Bolaño Rivadeneira, Amor Meilán e Quiroga Ballesteros.
  • Actuación 2: Corazón verde entre murallas: Praza do Ferrol. Importe da axuda: 1.349.671,50 €. Actuación P6_L2-20210927-2. Esta actuación céntrase na peonalización e humanización da contorna da Praza do Ferrol e da rúa San Froilán.
  • Actuación 3: Corazón verde entre murallas: Praza de Santo Domingo e rúa Teatro. Importe da axuda: 1.079.019,00 €. Actuación P6_L2-20210927-3. Esta actuación consiste na peonalización e humanización da Praza de Santo Domingo e da rúa Teatro.

Con estas tres primeiras actuacións conséguese a peonalización integral do 100 % do centro histórico de Lugo, en toda a superficie do recinto amurallado, e establécese a base física sobre a que establecer a Zona de Baixas Emisións, de creación obrigatoria segundo a Lei 7/2021, de cambio climático e transición enerxética. Configúranse rúas de plataforma única garantindo a accesibilidade, renóvanse servizos, plántanse elementos vexetais e instálase mobiliario urbano, todo iso co obxectivo de reducir o paso de vehículos e favorecer o fluxo e a estancia peonil, para que sirva, á súa vez, de base sobre a que establecer a Zona de Baixas Emisións nunha contorna de prioridade peonil.

  • Actuación 4: Medidas de posta en marcha e control da ZBE. Importe da axuda: 374.400,00 €. Actuación P2_L2-20210927-1. Esta actuación consiste en establecer as medidas necesarias para poñer en marcha a Zona de Baixas Emisións e os seus mecanismos de control, como son a elaboración do proxecto técnico e da ordenanza reguladora da ZBE, a instalación de cámaras, sensores de calidade do aire e plataforma de xestión, comunicación e outras medidas.

O Concello debe cofinanciar o 10 % restante, máis o 21 % de IVE, así como o custo real de execución que exceda ditas cantidades.

"Este contrato está cofinanciado pola Unión Europea, ao abeiro do Programa de Axudas a municipios para a implantación de Zonas de Baixas Emisións e a Transformación Dixital e Sostible do transporte urbano no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia"

Axenda Urbana 2030

Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)

O 16 de maio de 20222, recibiuse a Resolución favorable da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), concedendo ao Concello de Lugo unha subvención de 2 millóns de euros para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD), denominado ".....Et Edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía", financiable ao 100 % con fondos do MRR, a través do MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO – PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA - FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA – NEXTGENERATIONEU .

Para a súa xestión asinouse o "Convenio entre A AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA e O CONCELLO DE LUGO para a execución do plan de sustentabilidade turística DE LUGO “...ET EDENDO LUCUS: UN PERCORRIDO HISTÓRICO POLA ENOGASTRONOMÍA” NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU"

OBXECTIVO XERAL DO PSTD “...ET EDENDO LUCUS: UN PERCORRIDO HISTÓRICO POLA ENOGASTRONOMÍA”

Converter a Lugo nun referente gastronómico e cultural atendendo ao forte compoñente histórico da cidade mediante a transformación do sector e a xeración de produtos e experiencias turísticas innovadoras que xeren un relato singular que achegue valor para os turistas, aproveitando o desenvolvemento turístico para a xeración de rendas e empregos mediante a creación de empresas e proxectos que poñan en valor os recursos gastronómicos, culturais e ambientais, facendo de Lugo un destino competitivo a nivel nacional e internacional cunha demanda non estacional.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.

  • Poñer en valor os recursos gastronómicos, ambientais, históricos e patrimoniais.
  • Utilizar a historia de Lugo como atributo singular e diferencial da oferta turística.
  • Aproveitar os elementos gastronómicos, culturais e patrimoniais propios na xeración dun relato que conecte ditos elementos coa sustentabilidade.
  • Incrementar o poder de atracción do destino mediante a utilización dos seus atributos sostibles. Reducir a pegada de carbono nas actividades turísticas.
  • Impulsar a creación de produtos e experiencias enogastronómicas estruturadas.
  • Provocar un efecto de arrastre grazas á utilización da gastronomía como eixo de produtos e experiencias turísticas. Desestacionalizar a demanda mediante a posta á disposición do mercado dunha oferta dispoñible ao longo de todo o ano. Efecto arrastre derivado do centro de enogastronomía.
  • Incorporar a sustentabilidade como un elemento esencial na proposta de valor do turismo. Identificar oportunidades para a creación de novas empresas e a xeración de emprego.
  • Desenvolver proxectos conxuntos con iniciativa público-privada como mecanismo de mellora da eficacia e eficiencia na implantación de políticas públicas.
  • Acelerar procesos de dixitalización do sector.

EIXOS DE INTERVENCIÓN:

O plan desenvólvese a través de 4 Eixes e 15 Liñas de actuación:

EIXE 1: TRANSICIÓN VERDE E ECOLÓXICA

  • Recuperación na ribeira do Miño da Fábrica da Luz para a creación do centro de enogastronomía (Etqt 035). Proporanse distintas actividades encamiñadas á colaboración público-privada e á integración de produtores de quilómetro 0.
  • Protocolo para a minimización de residuos en festas de interese turístico (Etqt050). Definición dun protocolo de xestión de residuos orientado ás festas de interese turístico.

EIXE 2: MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

  • Levarase a cabo unha serie de intervencións nas sendas peonís de Lugo.
  • Puntos de recarga que impulsen unha mobilidade eléctrica entre puntos de interese turístico e enogastronómico.

EIXE 3: TRANSICIÓN DIXITAL DO SECTOR TURÍSTICO

  • Estratexia de comunicación dixital para o destino: Contidos Dixitais, Portal turístico, etc. Desenvolvemento de instrumentos adecuados para unha comunicación dixital efectiva de Lugo como destino turístico enogastronómico.
  • Realidade aumentada para a inmersión en puntos de especial interese turístico de Lugo. Desenvolvemento de aplicación para smartphones, tablets e equipamento que permita aos visitantes interactuar cunha reconstrución virtual da cidade a través de modelos 3D.
  • Observatorio turístico con capacitación no uso dos datos. Compra de datos e información complementaria á estatística que permitan a toma de decisións efectiva por parte de operadores turísticos como do Concello como ente xestor do destino.

EIXE 4: COMPETITIVIDADE

  • Plan de márketing do destino. Promoción a medio/longo prazo de Lugo como destino turístico enogastronómico e histórico, procurando fortalecer aqueles segmentos de maior interese.
  • Novo talento turístico. Emprendemento turístico orientado cara ao turismo sostible enfocado nos recursos turísticos endóxenos. Realizar unha proba da súa idea de negocio por un período temporal limitado.
  • A enogastronomía que non debemos perder. Recuperación de oficios tradicionais, actividades, artesanía vinculada coa enogastronomía, receitas, apeiros ou instrumentos, etc.
  • Creación dun club de produto enogastronomía en Lugo.
  • Sistema de avaliación do PSTD.
  • Oficina técnica do PSTD.
  • Dinamización Fábrica da Luz.
  • Dotación e equipamentos para o centro de Enogastronomía.

Medio Ambiente

Reforma integral do centro de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero

Rehabilitación programada do "Casco Histórico de Lugo - FASE XVII" (NO CONCELLO DE LUGO, EN RELACIÓN COA EXECUCIÓN DOS PROGRAMAS DE AXUDA EN MATERIA DE REHABILITACIÓN RESIDENCIAL E VIVENDA SOCIAL DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA - FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA – NEXTGENERATIONEU)

«Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU»

«Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU»