As obras de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza

Deste xeito, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona, a circulación desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingo en dirección a San Marcos.

O tránsito peonil discurriá paralelo a este carril de circulación. A zona para peóns será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos traseuntes e axilizar o tránsito vehicular.

A saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como o vén facendo desde inicio das obras, por Rúa San Marcos, Rúa Bolaño Rivadeneira e Rúa Nova.

Sábado, 27 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As obras de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza

Os traballos de peonalización de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza, no espazo comprendido entre a rúa Armañá e a rúa da Raíña. Deste xeito, a partir do luns, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona durante o transcurso dos labores finais neste tramo, habilitarase un itinierario alternativo.

Deste xeito, a circulación para residentes e persoas usuarias da contorna da Praza de Abastos e a saída de usuarios e usuarias do aparcamento de Praza Santo Domingo desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingo en dirección a San Marcos, evitando así que os vehículos transiten sobre o espazo que ocupa o aparcadoiro soterrado. Así mesmo, o tránsito peonil discurriá paralelo a este único carril de circulación. A implementación deste cambios ao longo da xornada do lúns contará coa regulación do tráfico por parte da Policía local.

A zona para viandantes será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos traseuntes e axilizar o trásito vehicular en todo momento. O Concello recorda que, durante a execución do proxecto Corazón Verde e mentres convivan o transito peonil co tráfico rodado, é necesario que os e as viandantes utilicen estas zonas acotadas en prol da súa protección. Así mesmo, esta nova fase dos traballos implica a retirada da estrutura do quiosco e o traslado dunha parte da actual zona de acopio de material de obra á rúa do Hospotal.

Pola súa banda, a rúa do Teatro seguira funcionando en sentido de entrada á Praza de Santo Domingo polo carril non ocupado polos traballos existentes. Neste caso, seguirá sendo o carril esquerdo de sentido de avance cara a Praza Santo Domingo, cuxas tarefas de demolición e pavimentado non están iniciadas.Así mesmo, a saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como se vén facendo desde o inicio das obras, pola rúa San Marcos, rúa Bolaño Rivadeneira e rúa Nova. O Concello pide comprensión á veciñanza e lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasionar.

Noticias relacionadas