A peonalización da rúa Montevideo e contorna cuadruplicará o número de árbores que ornamentan as vías desta zona

O proxecto de renaturalización previsto contempla pasar de 15 exemplares a 56 e crear 17 novos parterres de flores e arbustos.

En Montevideo pasarase de 11 a 18 unidades e en Bolaño Rivadeneira e Amor Meilán, donde non hai vexetación, se plantarán 10 Prunus Pisardi e 20 Camelios, respectivamente.

En Quiroga Ballesteros colocoranse 7 Fraxinius Excelsior mentres que os 4 pradairos que había xa foron transplantados nunha parcela de San Fiz.

Só nos últimos dous anos se plantaron na cidade 400 novas árbores e se repuxeron preto de 150.

Xoves, 07 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A peonalización da rúa Montevideo e contorna cuadruplicará o número de árbores que ornamentan as vías desta zona

O Executivo de Lara Méndez informou hoxe da nova configuración ornamental que terá a rúa Montevideo e as vías da contorna logo da peonalización que se está levando a cabo dentro da estratexia “Corazón Verde”.

Así, tal e como xa se recollía no proxecto, a renaturalización que experimentará este espazo implica case cuadriplicar o número de árbores que existen na actualidade, pasando dos 15 exemplares actuais a 56. Ademais crearanse 17 novos parterres de flores e arbustos.

A tenenta de alcaldesa e concelleira de Sostibilidade Urbana, Paula Alvarellos, debullaba esta mañá as actuacións que se contemplan en cada rúa.

Rúa Montevideo (entre Bispo Odoario e Quiroga Ballesteros).

Na rúa Montevideo plantaranse 18 Eleagnus Angustifolia, incluídos os que se están a substituír diante do IES Xoán Montes.

Alvarellos Fondo incidiu en que a decisión de repoñer as unidades situadas actualmente nesta vía obedece ao estado de conservación no que se atopaban as mesmas. “Algunhas destas árbores estaban enfermas, outras apolilladas ou podrecidas, ademais tiñan as raíces a unha cota moi superior á rasante do pavimento polo que, por cuestións de seguridade, primordialmente, pero tamén para mellorar a accesibilidade da zona – xa que agora quedarán ao mesmo nivel da superficie - e para favorecer a continuidade estética optouse por remplazalas todas e repoñelas coa mesma especie, definida xa no anteproxecto, coa finalidade de unificalas”.

Igualmente e, como xa se anunciou, se plantará un Ginkgo Biloba na esquina verde que se reacondicionará do Carril das Estantigas con Montevideo.

A concelleira sinalou que “se ben antes das obras, neste emprazamento, só había 11 árbores, agora quedarán 18, máis o Ginkgo Biloba, alén de 6 parterres con deseños florais e arbustos.

Rúa Bolaño Rivadeneira (entre Quiroga Ballesteros e San Marcos).

Paula Alvarellos relatou que en Bolaño Rivadeneira plántanse 10 Prunus Pisardi e créanse 6 parterres máis, ao tempo que lembrou que, “antes das actuacións non había ningunha especie vexetal no lugar”.

Rúa Quiroga Ballesteros (entre Bolaño Rivadeneira e San Froilán).

Por outra banda, a edila avanzou que na rúa Quiroga Ballesteros, os 4 pradairos existentes xa foron transplantados a unha parcela municipal de San Fiz e no seu sitio colocaranse 7 Fraxinius Excelsior e crearanse 3 parterres máis.

“Estas catro unidades, que foron reubicadas noutro punto da cidade, retiráronse porque tanto no proxecto como no anteproxecto previsto se deseñou outra formulación da rúa, coas árbores seguindo outra aliñación que permitirá deixar libre a fachada posterior do cuartel de San Fernando que é BIC, co obxectivo de poñer en valor a súa arquitectura e riqueza patrimonial e que o inmoble gañe protagonismo”, indicou.

Rúa Amor Meilán (entre San Fernando e Quiroga Ballesteros).

Finalmente, na rúa Amor Meilán plantaranse 20 camelias e crearanse outros 2 parterres, onde anteriormente non había ningunha zona verde.

“Comprendemos a preocupación cidadá cando se levan a cabo operacións de poda, talla ou transplante dos exemplares pero, dende o Goberno local, queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade. Só se están substituíndo as árbores que están enfermas ou que teñen comprometida a súa viabilidade e aquelas unidades que se poidan reubicar noutras zonas da capital terán unha segunda vida”, afirmou.

“Sabemos que as obras, especialmente cando son de moita envergadura e se alongan no tempo como sucede con estas, xeran molestias e cansancio na poboación. A nosa intención é que as empresas as acometan no menor tempo posible e ademais, que non quepa ningunha dúbida, estamos e estaremos vixiantes da execución deses traballos para que se realicen coa máxima cautela e coidado, especialmente no que ten que ver coa conservación das especies vexetais que ornamentan as rúas”, concluíu Paula Alvarellos.

Só nos dous últimos anos e dentro do modelo de cidade sostible que impulsa o Executivo de Lara Méndez, dende a área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández, se plantaron ao redor de 400 árbores novas na cidade entre as que se atopan 200 abetos nunha parcela municipal do Ceao e 30 faias na mediana da Avenida Infanta Elena, alén de repoñer outros 40 exemplares en 2022, 104 máis neste mesmo exercicio mentres que a previsión desta reposición para 2024 ascende a 160 unidades.

Audio

  • A concelleira de Sostibilidade Urbana, Paula Alvarellos, sobre a naturalización de Montevideo | Descargar mp3

Multimedia

  • A peonalización da rúa Montevideo e contorna cuadruplicará o número de árbores que ornamentan as vías desta zona
  • A peonalización da rúa Montevideo e contorna cuadruplicará o número de árbores que ornamentan as vías desta zona

Noticias relacionadas