Éxito de participación no networking de Aelu organizado pola área municipal de Muller e Igualdade no Impulso Verde

A xornada de traballo, á que asistiron unhas trinta persoas no Impulso Verde, serviu para fomentar sinerxías entre empresarias de distintos sectores e compartir experiencias.

A concelleira Ángeles Novo agradeceu a Aelu a súa implicación nestas actividades e puxo ao colectivo como “exemplo de referencia do talento feminino que hai na nosa cidade”.

Dada a boa acollida deste encontro empresarial e doutras actividades realizadas en colaboración con Aelu, se estudian novas iniciativas dirixidas a mulleres emprendedoras.

Mércores, 18 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito de participación no networking de Aelu organizado pola área municipal de Muller e Igualdade no Impulso Verde

As instalacións do Impulso Verde acolleron un networking dirixido a mulleres empresarias, dentro dos actos incluídos na programación do 8M, e que se están a desenvolver ao longo de todo o mes de marzo, e que nesta ocasión contaron coa colaboración da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Aelu. O encontro de traballo foi todo un éxito ao congregar a case trinta mulleres empresarias de Lugo, pertencentes a distintos sectores, nunha xornada que servíu para fomentar sinerxías e compartir experiencias de cara a avanzar nos seus proxectos empresariais. A concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, destacou “o éxito desta iniciativa e puxo a Aelu como exemplo de referencia do talento feminino que hai na nosa cidade, ao tempo que valorou a posibilidade de realizar novas iniciativas, en colaboración con Aleu, dirixidas a mulleres emprendedoras.

Xunto á presidenta da asociación, Juana Eiroa, e á tesoureira Beatriz Varela, a edil de Muller e Igualdade puxo en valor a actividade que leva a cabo Aelu desde 1988, a prol de mulleres empresarias, que na actualidade representa a máis de 150 empresas integradas, propietarias, copropietarias, socias e accionistas que desenvolven o seu traballo en empresas de distintos sectores.

Neste sentido, Ángeles Novo fixo fincapé en que “con este networking, o obxectivo do Concello de Lugo foi mostrar o talento feminino que hai en Lugo, darlle visibilidade, ao tempo que poñemos en valor o traballo da muller. Aínda que esta actividade entrou entro do programa do 8M, se suma a outras moitas iniciativas que levamos a cabo ao longo do ano, porque é necesario “estimular e apoiar ás mulleres que emprenden e ás que forman parte das directivas das empresas para que sirvan de exemplo a seguir. Hai que fomentar o asociacionismo entre as mulleres empresarias, poñer en valor o seu traballo e experiencia no ámbito laboral, profesional e social e fomentar o intercambio se experiencias para seguir crecendo”.

Esta actividade, realizada en colaboración con Aelu, se suma a outra incluída na programación do 8M que se desenvolveu nas instalacións do Cei Nodus sobre autocoidado e saúde feminina, que dado o éxito de participación, se están a valorar novas convocatorias.

Noticias relacionadas