O Centro de Convivencia Maruja Mallo organiza unha ruta de sendeirismo urbano polo Camiño Primitivo e o río Rato o vindeiro 14 de xullo

A actividade, de balde e sen inscrición previa, partirá ás 18.30 horas e percorrerá 6 quilómetros por unha das contornas naturais máis emblemáticas da cidade

Xoves, 02 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Convivencia Maruja Mallo organiza unha ruta de sendeirismo urbano polo Camiño Primitivo e o río Rato o vindeiro 14 de xullo
O Centro de Convivencia Maruja Mallo organiza o vindeiro 14 de xullo unha nova ruta de sendeirismo urbano para fomentar hábitos de vida saudables e descubrir o patrimonio natural e histórico de Lugo.
 
A actividade comezará ás 18.30 horas e consistirá nun percorrido de 6 quilómetros polo Camiño Primitivo, a contorna do río Rato e regreso ao Centro de Convivencia Maruja Mallo. A duración estimada da ruta será de 1 hora e 50 minutos.
 
A participación é de balde e sen necesidade de inscrición previa, polo que as persoas interesadas só terán que acudir ao punto de saída á hora prevista.
 
Con esta iniciativa, o Centro de Convivencia Maruja Mallo continúa promovendo actividades que combinan exercicio físico, convivencia e o coñecemento dos espazos naturais e patrimoniais de Lugo, achegando á cidadanía propostas saudables para desfrutar da cidade.

Noticias relacionadas