Concello e Confederación executarán unha nova senda no río Rato dende Paradai ata o Poligono do Ceao

O proxecto persegue recuperar o espazo fluvial desde o punto de vista hidromorfolóxico, ambiental e de naturalidade do río, ao tempo que se habilitan espazos e mecanismos capaces de amortecer os desbordamentos naturais e reducir os riscos asociados ás inundacións.

“Esta histórica intervención permitirá transformar o acceso dos barrios da zona norte ao gran cordón verde da cidade e completar unha rede de espazos naturais e de lecer absolutamente singular, que cobra aínda máis valor nunha cidade como a nosa, a única capital de provincia incluida nunha Reserva da Biosfera”, sinalou Miguel Fernández.

“Actuacións como esta permiten compatibilizar a protección das persoas e dos bens coa recuperación do espazo fluvial e dos seus valores naturais, aplicando solucións baseadas na natureza que contribúen a mellorar o comportamento hidrolóxico do río e a súa integración no territorio”, explicou o presidente Quiroga.

O investimento previsto supera os 2.6 millons de euros; o organismo de conca achegará 2.470.000 euros, o que representa o 95% do importe, mentres que o Concello de Lugo contribuirá con 130.000 euros, o equivalente ao 5% do custo total da actuación.

Martes, 17 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Confederación executarán unha nova senda no río Rato dende Paradai ata o Poligono do Ceao

O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil chegan a un acordo de colaboración para a ampliación do paseo do río Rato ata o seu nacemento, unha actuación que se enmarca nun proxecto integral de mellora da seguridade fronte ás inundacións e que contará cun investimento global estimado de 2,6 millóns de euros.

O proxecto conveniado, que será refrendadó mañá en XGL, desenvolverase sobre o tramo alto do río, e persegue recuperar o espazo fluvial desde o punto de vista hidromorfolóxico, ambiental e de naturalidade do río, ao tempo que se habilitan espazos e mecanismos capaces de amortecer os desbordamentos naturais e reducir os riscos asociados ás inundacións. Ademais, permitirá identificar e solucionar problemas existentes na rede de saneamento e nos seus alivios, tanto desde o punto de vista da infraestrutura como da súa xestión, ao tempo que se recuperarán as marxes do río para o desfrute da cidadanía, combinando zonas de estancia e paseo coa restauración ambiental do contorno.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, destacou a importancia desta actuación e agradeceu a colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para facer posible un proxecto que cualificou como “un auténtico fito histórico para Lugo”. “Esta intervención permitirá transformar o acceso dos barrios da zona norte ao gran cordón verde da cidade e completar unha rede de espazos naturais e de lecer absolutamente singular, que cobra aínda máis valor nunha cidade como Lugo, a única capital de provincia declarada Reserva da Biosfera”, sinalou. O rexedor subliñou tamén que esta actuación “reforza o compromiso do Concello cun modelo de cidade máis verde, máis accesible e máis amable para vivir”.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, puxo o acento na dimensión ambiental e preventiva do proxecto, destacando que esta intervención permitirá mellorar a seguridade fronte ás inundacións ao tempo que se avanza na recuperación ecolóxica do río. “Actuacións como esta permiten compatibilizar a protección das persoas e dos bens coa recuperación do espazo fluvial e dos seus valores naturais, aplicando solucións baseadas na natureza que contribúen a mellorar o comportamento hidrolóxico do río e a súa integración no territorio”, explicou.

O investimento total estimado para esta actuación ascende a 2.600.000 euros, e será financiado maioritariamente pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. En concreto, o organismo de conca achegará 2.470.000 euros, o que representa o 95% do investimento, mentres que o Concello de Lugo contribuirá con 130.000 euros, o equivalente ao 5% do custo total da actuación.

Multimedia

  • Concello e Confederación executarán unha nova senda no río Rato dende Paradai ata o Poligono do Ceao

Noticias relacionadas