O Ministerio de Interior aproba destinar 9 millóns de euros a nova comisaría de Policía Nacional na Abella

O Consello de Ministros autorizou onte ao Ministerio do Interior este investimento que se executará  no marco da segunda fase do Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado (PLISE).

“Falamos dunha infraestrutura clave para consolidar o modelo de cidade que estamos a construír, cun crecemento sostido e cunha clara aposta pola calidade dos servizos públicos”, sinalou o alcalde Miguel Fernández.

A nova comisaría da Abella edificarase nunha parcela cedida polo Concello cunha superficie de 3.175 metros cadrados, outra parcela anexa de 80 metros cadrados e outra fronte a principal de 400 metros cadrados destinada a servizos complementarios.

Mércores, 25 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Ministerio de Interior aproba destinar 9 millóns de euros a nova comisaría de Policía Nacional na Abella

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández anunciou esta mañá que a nova comisaría de Policía Nacional que se situará no barrio Abella contará cun investimento de 9 millóns de euros. De feito o Consello de Ministros autorizou onte ao Ministerio do Interior este investimento que se executará  no marco da segunda fase do Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado (PLISE).

“A execución da nova sede policial na que vimos traballando de forma intensa co Goberno de España este dous últimos anos está hoxe máis preto que nunca. Estamos satisfeitos por ver como a construcción desta infraestrutura estratéxica que suporá un salto cualitativo na prestación dos servizos de seguridade cidadá e na capacidade operativa das forzas e corpos de seguridade do Estado na cidade toma forma. Agora seguiremos traballando para que o inicio da obra se poida iniciar canto antes”,  sinalou o rexedor.

Esta actuación enmárcase na segunda fase do Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado (PLISE), tras a autorización do Consello de Ministros dunha inversión global de 900 millóns de euros destinada á modernización e mellora das dotacións policiais en todo o territorio.

O alcalde puxo en valor o alcance desta actuación e subliñou o seu carácter estratéxico para o futuro da cidade: “Falamos dunha infraestrutura clave para consolidar o modelo de cidade que estamos a construír, cun crecemento sostido e cunha clara aposta pola calidade dos servizos públicos. Lugo non pode quedar atrás e precisa equipamentos á altura do que xa é e, sobre todo, do que vai ser nos vindeiros anos”.

Neste sentido, destacou tamén a ambición do proxecto: “Non estamos ante unha solución provisional, senón ante unha proposta pensada a longo prazo, que permitirá dar resposta con garantías ás demandas de seguridade dunha cidade en constante evolución”.

A nova comisaría da Abella edificarase nunha parcela cedida polo Concello cunha superficie de 3.175 metros cadrados. A maiores, incorporouse outra parcela de titularidade municipal de 80 metros cadrados, que permitirá incrementar a edificabilidade no rpoxecto en 120 metros cadrados e outra fronte a principal de 400 metros cadrados.

Con esta actuación, as administracións avanzan na dotación de Lugo cunha infraestrutura acorde ao seu crecemento urbano e demográfico, reforzando un servizo esencial como é a seguridade cidadá e consolidando o compromiso institucional cunha cidade máis segura, moderna e preparada para os retos das próximas décadas.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a nova comisaría de Policía Nacional | Descargar mp3

Noticias relacionadas